luns. 17.03.2025
El tiempo

Rosalía e Pondal tecen pontes entre Muxía e Ponteceso cun intercambio cultural para nenos e nenas

Rosalia e Pondal
Rosalía e Pondal tecen pontes entre Muxía e Ponteceso cun intercambio cultural para nenos e nenas

Xa vai tempo que a entidades de Muxía e de Ponteceso viron un camiño aberto para fundir a historia das duas vilas coas de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
A irmá do bardo pontecesán, Eduarda Pondal, invitara á escritora compostelá a pasar uns días en Muxía coindindo coa Romaría da Barca do ano 1853. Aínda que Rosalía apenas tiña 16 anos, quedou prendada da vila como se reflexaría despois en Cantares gallegos.

Aproveitando este fío a Fundación Eduardo Pondal, a Asociación Horta Creativa, co apoio dos Concellos de Ponteceso e Muxía, organiza un primeiro evento. Trátase dun Intercambio Cultural para nenos e nenas de 10 a 13 anos, para descubrir a relación de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal a través dunha aventura chea de cultura, historia e diversión.

A sesión será os 21 e 22 de febreiro nas dúas vilas. O 21 pola tarde visitarán a Casa das Beiras, e farán un Obradoiro de Kamishibai e cearán no Camping Lago-Mar. Para a xornada do 22, comezarán cunha xuntanza na explanada do Porto, farán a ruta Rosaliana por Muxía, e realizarán un xantar de confraternización.

A inscrición está aberta ata o 19 de febreiro, nos concellos ou nas entidades.

Comentarios