Luns. 09.12.2019
El tiempo

Un plan de protección ambiental para a costa pero sen a costa

Un plan de protección ambiental para a costa pero sen a costa
Imaxe do chapapote do Prestige en Nemina-Foto- Felipe Garcia

A piques de cumplirse os 10 anos da meirande catástrofe da nosa costa, e a unha semana para o comezo do xuizo do Prestige, que durará máis de 7 meses, a Xunta de Galicia presentaba o "Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental". Isto é, un protocolo de acción que se tería que levar a cabo en caso de nova traxedia medioambiental.

Ata aquí todo ben. O caso é que as zonas onde esto pode ocorrer non coñecen, como ben o confirmaba o alcalde de Muxía, Felix Porto, que aseguraba non ter recibido ningunha información oficial no Concello, e que só se enterou pola prensa, se ben recoñece que "todo o que sexa seguridade non só é correcto, senón que é loable".

E iso que o Plan establece que os Concellos deben elaborar "plans locais", polo que dende o concello muxián que "é moi fácil lexislar para que os demais che fagan o traballo" e considera que sería "o mínimo que nos pedisen opinión", máis aínda cando "temos toda a disposición a colaborar, pero hai unha forma de proceder".

O que tamén denuncia Porto é que o Plan saia a un día de comezar a campaña electoral.

Novas relacionadas

Máis novas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Fonte

Comentarios