sábado. 07.12.2024
El tiempo

O vixilante de Muxía incauta 31 kg de percebe a dous furtivos

furtivismo percebes muxia
O vixilante de Muxía incauta 31 kg de percebe a dous furtivos

Os percebeiros teñen un cupo de 5kg por día. Pero os furtivos pasan e arrasan co que poden. Menos mal que desta volta, o vixilante de Muxía estivo atento e cazou in fraganti a dous furtivos que esquilmaban unha das zonas máis produtivas e controladas da ría, a punta da Barca. 

Ata 31 kg de percebes xa tiñan apañados ás 8:00h, despois de levar horas traballando con focos, mentres os percebeiros profesionais comezaban a traballar noutra zona da Buitra. Uns percebeiros que, debido ao inusual bo estado do mar nestas datas, están vixiando día e noite. 

Os dous furtivos foron identificados, e efectivamente son de Muxía e xa reincidentes. Neste caso, o valor da mercancía requisada (31 kilos a un prezo aproximado de 40€/kg (máis de 1200€) podería sen considerado xa actividade delictiva.

Con todo, as únicas beneficiadas serán as persoas  usuarias de Aspadex, que se van dar un festín con todos estes percebes.

Máis novas sobre furtivismo

Comentarios