Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Volven aparecer galletas de chapapote nunha Praia de Nemiña onde a recollida de lixo é inexistente

Galleta de chapapote do Prestige recollidas na praia de Nemiña en agosto 2019
Galleta de chapapote do Prestige recollidas na praia de Nemiña en agosto 2019
Volven aparecer galletas de chapapote nunha Praia de Nemiña onde a recollida de lixo é inexistente

A aparición recorrente do chapapote do Prestige é xa todo un clásico. Esta semana, a praia Nemiña, paraíso sulfeiro no sur da costa da Morte, volveu a vivir estampas que nos recordaron aqueles tempos de comezos de século, con ducias de galletas de chapapote esparcidas por todo o areal. Galletas que levan case 17 anos agochadas baixo a area das nosas praias, e que cando hai mar de fondo, saen á luz.

Foron os propios surfeiros, ante a falta dun servizo eficiente de recollida de lixo por parte do Concello de Muxía, os que retiraron unhas 30 ou 40 galletas, ademais de protestar pola falta de recollida do lixo das papeleiras.

Lixo sen recoller na praia de Nemina

Novas relacionadas

Comentarios