Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A xestión municipal dos animais abandonados volve á actualidade dende Muxía

Cadela perdida en Ozon-Muxia
Cadela perdida en Ozon-Muxia
A xestión municipal dos animais abandonados volve á actualidade dende Muxía

Cantas veces temos falado, a través da iniciativa Salvacadelos, da necesidade de tomar en serio o abandono de animais. Son moitos os concellos que comezan a traballar con empresas especializadas para tratar dun xeito profesional e ético, este asunto. Pero son moitos os que aínda fan as cousas ás bravas.

Muxía é un deses concellos en transicións. Durante anos leva metendo os cans atopados polas rúas nun galpón dunha nave do Concello, tardando moito en asumir o procedemento habitual. Parece que os últimos casos serven para dar o empurrón e a vindeira semana asinarán o convenio cunha empresa especializada da comarca.

Pero tiveron que pasar cousas como as que denuncia, neste caso o PP local. Durante esta semana as redes sociais fixéronse eco dunha cadeliña que atoparon abandonada polas rúas de Ozón. Foi levada á Clínica Argos, pero segundo denuncia a veciña que a atopaba, o Concello non puido facerse cargo.

O PP muxián lembra que “competencias que son exclusivamente do concello segundo establece a Lei de Benestar Animal”. Unha Lei que se convertiu nunha verdadeira trampa para os concellos, pero que, en todo caso, Sandra Vilela cree que “máis alá das competencias, aínda que non fosen propias, é unha cuestión de humanidade. Non podemos desentendernos e deixar un can na calle”.

Agora haberá que facer seguemento para os Concellos fagan efectivos eses contratos que obriga a lei, pero que algúns asinan para rodeala pero os fan efectivos.

NOVAS RELACIONADAS

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN DE ARGOS E SALVACADELOS

Comentarios