O local social de Cures acolle o 1 de outubro unha charla informativa sobre o parque eólico Alto do Torreiro

08:19 23/09/22
A coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra e a Asociación Petón do Lobo organizan unha charla informativa sobre o parque eólico Alto do Torreiro que terá lugar o vindeiro 1 de outubro ás 17:00 horas no local social de Cures, en Corcoesto.
Esta é unha Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do Río Lourido polo que os convocantes pretenden reunir o maior número posible de persoas para que presenten a súa alegación cuxo modelo se pode descargar aquí.