2 finais para completar o soño do Balonmán Camariñas

"Gañouse a 1ª final, agora só quedan 2 para seguir soñando". Así senten en Camariñas a situación que vive o clube conserveiro, que continua líder da Fase de Ascenso da 1ª Autonómica. I é que os xogadores do Balonmán Camariñas Conservas Boya fixeron un auténtico partidazo en Vigo para derrotar por 25-34 ao Granitos Ibericos.
E a situación é moi parecida en Carballo, onde o Balonmán Xiria vén de proclamarse subcampión da Liga 1ª Estatal e está clasificado para a fase de ascenso á División de Prata.
Os de Dioni Quenlle terán dúas finais de aquí a final da fase xa que aventaxan ao Bueu Atl. e ao Explotacións Mineras do Morrazo en tan só 1 punto. Iso si, o propio Granitos Ibérico xa non contará para o título logo desta derrota.
Datos do encontro

- Resultado: Granitos Ibéricos Carballal, 25 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 34.
- Conservas Boya: Lalá (p), Víctor (p), Fari (1), Diego Alonso (1), Felipe (2), Quin (5), Canedo (5), Moncho (1), Salva (1), Catalán (4), Jose Ramón (1), Xabi, Perón (2).
Partidazo do Camariñas en Vigo, onde se desfixo dun dos candidatos ao ascenso, deixándoo sen opcións practicamente. Volveu ser a domicilio cando o Boya desenvolveu o seu mellor partido pasándolle por encima a un Carballal que aspiraba a todo, pero que foi incapaz de facerlle fronte a un Camariñas inspirado e ben dirixido que segue con todas as aspiracións intactas de facerse co campionato, do que lle separan dúas vitorias, e sempre dependendo de se mesmo.
Dous partidos para o soño
Dous partidos difíciles quedan: o primeiro contra o 6 do Nadal en Camariñas o vindeiro sábado 9 de abril ás 18:30 horas.
O segundo, o próximo 16 de abril na pinsta do Bueu At., o partido definitivo.

Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas cumple e mantén o liderato.
- O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso.
- O soño do Balonmán Camariñas segue en pé.
- Un empate con sabor a vitoria mantén ao Conservas coas aspiracións de ascenso intactas.
- A bestia negra frea ao Conservas Boya.
- O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
- A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.