Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A festa do atletismo de base xuntou a 600 deportistas de toda a zona

A festa do atletismo de base xuntou a 600 deportistas de toda a zona
Proba de Campo a traves de Cee - Foto- Olimpia

Espectacular actuación de tódolos atletas da Escola de Atletismo Olimpia Bazarra na fase comarcal de Campo a Través Escolar celebrada onte no Estadio Municipal de San Paio dos Refoxos. Foron máis de 600 rapaces os que chegaron de centros educativos de toda a bisbarra (Cee, Laxe, Dumbría, Portomouro, Vimianzo, Muxía e Coristanco).

Dende a Asociación Deportiva Olimpia queren enviar a súa máis sincera felicitación a tódolas/os atletas participantes, que afrontaron cunha sobresaínte actitude as súas respectivas probas desta fase.

Familia do Olimpia Cee na Proba de Campo a través

En canto o ámbito competitivo, as/os Atletas da Escola de Atletismo Olimpia Bazarra que participaron en representación dos seus respectivos colexios, a espera da clasificación oficial, remataron nas seguintes posicións:

  • Categoría Alevín Masculina: 1º Xan Insua (Eugenio López), 16º Alexandre Trillo (Eugenio López);
  • Categoría Alevín Feminina: 1ª Aberu Ríos (Manuela Rial), 2ª Marta Souto (Eugenio López), 4ª Lucia Suárez (Eugenio López), 7ª Inés Vázquez (Eugenio López), 12ª Ana Oca (Eugenio López);
  • Categoría Infantil Masculina: 1º Elian Numa López (Manuela Rial), 2º Iván Fenández (Agra de Raíces), 3º Xabier Insua (Agra de Raíces), 12º Mario Insua (Agra de Raíces).

Por último dende o clube ceense queren agradecerlle aos colexios e institutos a súa participación nesta proba e mandarlles ánimos a tódolos membros da escola, tanto os que participaron onte, como os que non, para que sigan gozando deste magnifico deporte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Olimpia

Comentarios