O Aberto de Carballo ratifica á Laracha como potencia provincial da billarda
- O Campo da Feira de Paiosaco acolle o Aberto de Fin de Ano
Segue a ser Bergantiños o gran berce da billarda na provincia. A 7ª xornada da Liga Atlántica de Billarda da Conferencia Noroeste celebrouse esta fin de semana en Carballo. Por mor do vento, houbo que refuxiarse no pavillón CEIP Escola Fogar de Carballo, pois o campo de Chorís, habitual feudo destas competicións, estaba perigoso.
De novo, os equipos da Laracha arrasando. O campión por equipos volveu ser o Campo da Feira de Paiosaco, por diante do APB da Laracha, e o Filloas de Sangue dA Coruña.
En cantegoría infantil venceu Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña) por diante de Kevin (Apb-A Laracha) e Lucas (Campo da Feira-Paiosaco).
A campiona femina foi Mercedes (Apb-A Laracha), quedando en 2ª praza Aurelia (Campo da Feira-Paiosaco), e de 3ª Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo).
Na categoría absoluta o campión foi José Manuel (Rinoceronte-Pontevedra), complentando o podio Riveiro (APB-A Laracha) e Miguel (Campo da Feira-Paiosaco).
Aberto de fin de ano
Como vén sendo o día de fin de ano pola mañá xogarase o xa habitual Aberto de fin de ano que organiza o equipo de Campo da Feira de Paiosaco para rematar o ano e brindar polo novo ano billardero.