mércores. 30.04.2025
El tiempo

Arte e movemento acaba a tempada copando poidos

Arte e movemento acaba a tempada copando poidos
Os bailarins de Arte e Movemento copando o podio do Grupo Youth D

O pasado domingo 12 de maio, o clube Baile deportivo Arte e Movemento, participou no Trofeo de Baile Deportivo de Santiago de Compostela. Participaron 10 parellas do clube, que colleitaron 10 trofeos de podio. Foron 2 ouros, 4 pratas, 4 bronces.

Esta foi a última competicion desta temporada para o clube, xa que a finais de maio pecha o ranking e durante este mes xa non hai máis competicións en Galicia. Nese momento no que peche o ranking quedará decidido quen accede a Copa Promoción, que se celebrara en Vilanova i la Geltru (Barcelona), o próximo 30 de xuño.

De momento e segundo os cálculos do propio clube, teremos 3 parellas clasificadas para a Copa Promoción Española, e 2 máis que están no límite e dependen dos resultados das demais parellas de España.

Así, repasamos xa os podios desta última proba de Santiago de Compostela

No grupo xuvenil E:
- Álvaro Lado e Antia Mendez (2º posto);
- Borja Duarte e Mara Giommarini (3º posto).

No grupo junior I E:
- Vicente Lopez e Laura Marcote (3º posto).

Grupo Junior II E:
- Tomas Fuentes e Fatima Lopez (2º posto).

Grupo Youth D: onde tiñamos 4 parellas, acadaron os 4 primeiros postos:
- Cristian Dominguez e Laura Rivadulla (1º posto);
- Ivan Antelo e Aida Carril (2º posto);
- Juan Alvarellos e Melani Lois (3º posto);
- Juan Luis Lista e Noelia Regueira (4º posto).

Adulto C:
- Roberto Ezara e Patricia Tuñez (4º posto).

Senior I C:
- Manuel Otero e Lucia Lavandeira (4º posto).

Youth E standard:
- Juan Alvarellos e Melani Lois (1º posto);
- Juan Luis Lista e Noelia Regueira (2º posto); - Ivan Antelo e Aida Carril (3º posto).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.

Comentarios