Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os equipos de volei seguen sumando

Os equipos de volei seguen sumando

A xornada dos equipos de volei da Costa da Morte por terra pontevedresas saldouse con dúas vitorias e tres derrotas. Os que non fallaron foron os infantís do Manuela Rial que conseguiron unha nova vitoria ante Teis de Vigo por 0 - 3 (13-25 / 24-26 / 16-25). Desta forma acaban a primeira volta coma líderes invictos.

A outra vitoria veu da man das infantis do Manuela Rial ante Cambados por 0 - 3 (14-25 / 22-25 / 11-25). Importante victoria das ceenses, que as coloca en mitade da taboa. As pequenas do Manuela Rial están a facer unha gran tempada, xa que a maior parte do equipo está formado por xogadoras de categoría alevín que afrontan a súa primeira competición, nada máis e nada menos, que na Liga Galega Infantil.

As derrotas chegaron nas xuvenís do Voleibol Dumbría ante Cambados 3 - 0 (25-23 / 25-22 / 25-14), que non foron quen de gañar ningún set, tras ir vencendo comodamente os dous primeiros. As cadetes caeron polo mesmo resultado ante Cambados 3 - 0 (25-10 / 25-12 / 25-6) nun equipo que está a sufrir nesta categoría pola baixa de 4 xogadoras por diferentes motivos.
Os cadetes do Volei Dumbría perderon ante CV Vigo 3 - 0 (25-7 / 25-16 / 25-15). Os dumbrieses nada puderon facer ante o potente líder da categoría, filial do equipo de Superliga.

Parón e Seleccións

Esta fin de semana non hai xornada de liga por mor dos adestramentos das seleccións galegas nas categorías cadetes e infantís. Os adestramentos serán o sábado e domingo en Noia para os cadetes e en Lugo para os infantís.
Para estes adestramentos convocaron a Javier Domínguez do Voleibol Dumbría na categoria cadete e os infantís do Manuela Rial David Redonda, Manuel Marcote e Unai Larrañaga. Estes xogadores intentarán gañar unha plaza no equipo para disputar o Campionato de España por Autonomías que se disputara en abril en Lloret del Mar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios