Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Balonmán: O Mostra de Encaixe deixa atrás outro rival

Balonman Encaixe Camarinas xaneiro 2022
Balonmán: O Mostra de Encaixe deixa atrás outro rival

O balonmán Mostra do Encaixe afrontou o sábado a segunda vitoria do ano na cancha do Bueu. As xogadoras de Alberto Mas “Catalán” derrotaron ao Gescolor Bueu Atlético Balonmán, a pesar de viaxar con 5 baixas. Un gran paso, no que deixan atrás outro rival da zona baixa.

As costeiras manteñen a 6ª posición, empatadas con 4ª e 5ª, e a só 4 puntos das 3ª.

1º Autonómica Feminina, Gr. A, xornada 12

  • Gescolor Bueu Atlético Balonmán - Balonmán Mostra de Encaixe Encaixe-Camariñas : (17-34).
  • BM. Mostra do Encaixe Camariñas: Bineta, Sara (4), Carla (8), Marta (1), Paula (4), Yanira (3), Tina (5), Muna (6), Lucía, Águeda (2), Vero (1).

Empezaron as palilleiras o partido moi ben colocadas en defensa, sabendo ler moi ben os ataques do rival pero moi precipitadas en ataque, querendo acabar moi pronto e fallando na execución cara a portería. Pouco a pouco foron mellorando esa faceta pero aínda así toda a primeira partepecaronpecamos de non definir ben en ataque.

Na segunda parte houbo unha evolución positiva no ataque non tendo tanta présa e madurando máis as xogadas, que lles permitiu, pouco a pouco, ir aumentando a diferencia no marcador.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios