Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Basket: As xogadoras do E.S. Bazarra volven de Foz cansadas e sen premio

ACB Costa da Morte Basket Cee
Imaxe dun partido desta campaña do ACB na casa
Basket: As xogadoras do E.S. Bazarra volven de Foz cansadas e sen premio

Voltaron de valeiro de Foz as rapazas do ACB Costa da Morte - E.S. Bazarra, acusando de novo o curto plantel do que dispoñen.

2ª División Senior Feminina - Grupo norte-único, 15ª xornada

  • Resultado: Celtas Foz - E.S. Bazarra Costa da Morte (48-37)
  • Parciais: 13 - 10; 16 - 6; 6 - 15; 13 - 6 / Acumulado: 13 - 10; 29 - 16; 35 - 31; 48 - 37.
  • E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Iria, 5 ptos; María Mas, 0 ptos; María Castro, 12 ptos (2 triplas); Sandra, 12 ptos( 2 triplas); Yaiza, 6 ptos - quinteto inicial- Uxía, 2 ptos.

Inicio do primeiro cuarto favorable para as rapazas do E.S. Bazarra, indo por diante no marcador ata que faltaban 2 minutos da finalización deste cuarto, onde as rapazas de Foz se conseguían meter por diante no marcador, situación que xa non deixaron ata o final do encontro. No segundo cuarto, ademais de anotar só 6 puntos, a defensa das ceenses foi o seu punto débil, non axustando ben ante o ataque das locais, permitindo que se marcharan de 13 puntos, .

Tralo descanso, as visitantes sí defenderon con máis acerto, o que lle permitía saír fácil á contra, e chegar o final deste cuarto só catro puntos abaixo, con opcións a disputalo partido. Pero no último cuarto, o cansazo, como en case todos os partidos, pola corta plantilla, fixo que cometeran fallos que aproveitaron as lucenses para irse outra vez no marcador, e desta vez sen dar opción ás ceenses a poder disputala vitoria neste encontro.

O equipo ceense prepara xa o vindeiro choque, que terá que esperar ata o 24 de abril, precisamente ante o Celtas Foz, na casa.

Ligas Base

Esta fin de semana, o equipo da base tivo que disputar dous encontros, para recuperar xornada aprazada anteriormente.

No choque da xornada 13 da Liga minibasquet "As Rías”, as ceenses caían ante Alfonsin Abog CB Barbanza por 11-51. Tamén caían o domingo ante o Liceo de Noia,.

Ademais, na Liguilla Copa dos Infantil masculino, os ceenses non podían co Liceo La Paz Verde, mentres que a nota positiva a daban os cadetes que vencían na xornada 8 aos Rosales da Coruña por 45-40.

 

Novas relacionadas

Comentarios