A billarda segue medrando en Soandres, Mazaricos e Razo

Mes a mes seguimos repasando a Liga Atlántica de Billarda. Esta fin de semana o Campo de Fútbol As Chancelas, en Soandres, A Laracha, acollía a celebración da 9ª xornada, cunha participación de 60 palanadores chegados das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Cun día soleado puido disputarse unha fermosa xornada de deporte tradicional.
Unha das protagonistas da xornada foi Lucía Torres, coñecida como “Lu”. A palanadora do Lúa de Forza de Sanxenxo conseguíu o 2º posto na Categoría Absoluta. Unha situación que esperemos deixe de ser noticia en breve.
Lu caía na final ante o seu compañeiro Xan (Lua de Forza -Sanxenxo), quedando na 3ª praza da Categoría Absoluta Collazo (Apb Santa Marta-A Laracha).
En categoría Feminina a campiona foi Sonia (Cochiqueiros -Cerceda, por diante de Raquel (Cochiqueiros-Cerceda) e Delia (Chainzos -Cadava l/ Castro de Rei).
En Categoría infantil o campión foi Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña); a 2ª praza foi para Miguel (Campo da Feira-Paiosaco) e 3º quedou Kevin (APB-A Laracha) .
En canto ao equipos, volveron arrasar os bergantiñáns: 1º Campo da Feira de Paiosaco; 2º APB-A Laracha e 3º Lua de Forza -Sanxenxo.
Os participantes quixeron agradecer a continua colaboraciñon do Concello da Laracha, e ao equipo de APB Santa Marta pola doazón dos trofeos desta xornada, e pola sía labor para difundir a billarda.

Vindeiras citas
Este vindeiro sábado 18 de febreiro terá lugar en Mazaricos un torneo de billarda de iniciación, comprobando como segue medrando este xogo. Haberá representación dos equipos federados e sen fededar.
A seguinte xornada de Liga será o 12 de marzo en Razo, Carballo.
Novas relacionadas
- Xaneiro 23: A Laracha acolleu o Aberto de Billarda de Fin de Ano.
- Decembro 22: O Aberto de Carballo ratifica á Laracha como potencia provincial da billarda.
- Novembro 22: Nova xornada coa Laracha e Paiosaco de protagonistas na Liga Nacional de Billarda.
- Outubro 22: Unha familia de Paiosaco arrasa na xornada de billarda.
- Setembro 22: Paiosaco e A Laracha volven mandaro no comezo da Liga Atlántica de Billarda Conferencia Noroeste.