Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BM Camariñas masculino volve competir e arrinca gañando o derbi ante o Xallas

bm camarinas 22-23
O plantel do Bm. Camariñas 22-23
O BM Camariñas masculino volve competir e arrinca gañando o derbi ante o Xallas

Dispotábase esta fin de semana a segunda xornada da 2ª autonómica Masculina, Liga Regular Gr.A, na que se enfrontaban os dous equipos costeiros. O Bm. Xallas visitaba a un Bm. Camariñas que volvía competir tras un varios anos de parón e unha última temporada onde non puido facer equipo masculino.

Bm Xallas Masculino 22-23
Bm Xallas Masculino 22-23

Este ano, as que non puideron saír competir foron as xogadoras do BM Encaixe, que tras unha temporada magnífica decidiron, por diferentes motivos, deixar de competir.

Mentres, o cadro camariñán asinaba un convenio de filialidade co Calvo Xiria para poder formar equipo senior masculino. Aos 9 camariñáns (Xabi Canosa, Anxo Canosa, Abel Luaces, José Manuel Romar, Fran Carril, Dani Blanco, Dani Luaces e Aarón Pérez), poden sumar así varios xuvenís carballeses (Alberto Rod., Alex Vázquez Eirís, Ángel Viña, Nico García, Samuel Veiga, Samuel Regueira, Bruno Facal e David Pensado) ou mesmo sénior de 1ª Nacional (Julián García, Esteban Puñal, Martín Fuentes, Darío Calviño, Toni Calvelo e Rubén Anes) que permiten formar un plante ben competitivo ás ordes, de novo de Moncho Canosa.

Así, comezan unha temporada sen máis obxectivo que “fomar unha dinámica para que en futuros anos poidamos ter unha base consolidada”, explica Canosa. A pretemporada comezaba directamente cos 3 partidos de Copa, gañamos o primeiro partido, e caendo nos dous seguintes. Un plantel moi novo, con todos os xogadores de menos de 22 anos agñas Xabi (31, que leva a base) e Fran (24), dous dos que marcan a diferencia xunto cos rapaces carballeses chegados da fantástica base do cadro de 1ª Nacional.

Pero as dúas primeiras vitorias en Liga, primeiro contra Arteixo e este pasado sábado ante o BM. Xallas por un claro 37-26, fai que os rapaces “xa están empezando a ilusionarse”. Aí está Moncho Canosa para calmar as esperanzas, e espera á terceira xornada ante un veteranos Ourense que “nos porá no noso sitio”.

Polo de pronto a cousa pinta ben nun pavillón Víctor Vigo que vai collendo cor a medida que as vitorias van chegando. O equipo buscará estar entre os 4 primeiros para poder optar ao ascenso, mentres que os 4 últimos loitarán pola honra unha vez que máis abaixo non hai categorías.

Se o Bm. Xallas sacou de novo equipo feminino (vencían na 7° xornada da Primeira Autonómica ao Tui por 19-20), o cadro camariñán centra a súa atención na base, nun momento no que xa non hai tantos nenos na vila do encaixe, e teñen que compatibilizar coas Escolas Juan Cabrejo de Fútbol, ou coas sesións de baile tradicional… En calquera caso, o club conta con cadetes masculino, e equipos mixtos das categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón.

Bm Xallas feminino 22.23
Bm Xallas feminino 22.23

Novas relacionadas

Comentarios