O BM Mostra do Encaixe pechou na Copa unha esperanzadora temporada

12:16 25/05/22
Rematou esta campaña 21-22 para o BM. Camariñas Mostra do Encaixe. Fíxoo nunha fin de semana completa, coa disputa do Provincial de base no Pavillón Víctor Vigo. E co partido de Copa, unha vez que o Mostra do Encaixe se colocou entre os 8 mellores equipos.
Tocou derbi ademais, ante o Balonmán Xiria. Foi un choque tremendamente igualado, coas carballesas sempre un paso por diante (marcharon 3 arriba aos vestiarios), pero que non se decidiu ata que nos últimos minutos a gasolina das camariñás foi decaendo.
En xeral, o club cumpliu os obxectivos da temporada, cun bo posto na liga e mellorando o xogo respecto a anos anteriores, e cun inmellorable peche puidendo participar na Copa. Agora toca descansar e coller forzas para a próxima tempada.
Crónicas do curso
- Fermoso domingo de balonmán base en Camariñas.
- Bm: Un derbi para pechar a liga.
- Balonmán: O BM Xallas escapa.
- Balonmán: Doble triunfo para xalleiras e encaixeiras.
- O BM Xallas puido co Mostra do Encaixe.
- O BM Encaixe comeza a segunda fase con vitoria.
- 25-02-2022: O BM Mostra do Encaixe estivo a piques de derrotar un dos galos da categoría.
- 07-02-2022: O Pavillón Víctor Vigo viviu un sábado cheo de balonmán.
- 25-01-2022: Balonmán: O Mostra de Encaixe deixa atrás outro rival
- 18-01-2022: O Bm. Camariñas Mostra de Encaixe comeza o ano cun claro triunfo.
- 17-01-2022: Concello, Bm. Camariñas e Federación Galega únense para fomentar o balonmán na Costa da Morte.
- O Balonmán Camariñas vive un proceso de relevo xeracional