Luns. 17.06.2019
El tiempo

O Bm. Camariñas selou a permanencia mentres Xiria e Xallas enfilan os ascensos

O Bm Camariñas celebrando a permanencia
O Bm Camariñas celebrando a permanencia
O Bm. Camariñas selou a permanencia mentres Xiria e Xallas enfilan os ascensos

Certificou a permancia a categoría de bronce do balonmán nacional o Bm. Camariñas. Arroupados por unha afección de cine, o cadro camariñán terá aínda tres partidos para disfrutar do deporte sen a presión de conseguir o obxectivo, ratificando así o traballo de todo un alto de altos e baixos, no que a única nota constante foi a que puxeron cada partido os Boya Blues dende as bancadas.

Por Carballo, o Xiria obtivo unha vitoria fácil ante o pechacancelas, e afronta con optimismo a segunda praza que lle daría acceso, un ano máis ao playoff de ascenso.

Ademais, en 2ª Autonómica, o Bm Xallas conseguía unha cómoda vitoria que os achega ao ascenso. Un ascenso que pasará en gran parte polo transcendental partido da próxima semana contra o C.B Narón. De lograr a vitoria, os de Santa Comba poderían chegar ó parón de Semana Santa con medio billete do ascenso no peto.

1ª Estatal Masculina, xornada 26

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Gijón (34-33)

Chegaban os de Moncho Canosa ao encontro coas importantes baixas de Fabián e Félix, e coas dúbidas por problemas físicos de Alberto e Xabi (que finalmente estiveron) e o equipo respondiu máis que ben.

Desde o minuto 1 volveron a ofrecer un gran xogo ofensivo combinativo e unha férrea defensa que propiciaban vantaxes de ata 6 goles mediada a primeira metade (12-6). Reaccionou o Gijón a partir de aí para irse ao descanso 20-17.

Na segunda metadea seguía a mesma tónica, collendo vantaxes de 5 goles e reaccionando o Gijón para apretar o encontro. Ata o 27-26, no que a raíz dun tempo morto, os conserveiros conseguiron pegar un arreón final para chegar á falta de 3 minutos cun 34-28 que deixaba sentenciado o choque. Nos últimos minutos deixáronse ir os camariñáns pola euforia, unido a sufrir unha exclusión, e a pesar do que reflexa o resultado a vitoria non chegou a perigrar en ningúm momento e o Areal rompeu a disfrutar da pernamencia.

Quedan 3 partidos para disfrutar xa que matemáticamente o equipo cumpliu o obxectivo da permanencia.

Os Boya Blues rendidos ante o seu equipoO Bm Camarinas ofrecendo a permanecia a sua afeccion

1ª Estatal Masculina, xornada 26

  • Resultado: Calvo Xiria – Tecdisma Octavio (35-16)
  • Calvo Xiria. 35. Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova, Gabriel Castiñeiras (4), Cuco (2), Julián López (4), Brais Puñal (6), Fran Rey (3), Pablo Iglesias (2), Chimpo, Carlos García, Enrique Pena (10), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete, Iván Amarelle.

CALVO-XIRIA-VS-OCTAVIO-672x372

Non houbo cor no Vila de Noia. A diferencia na clasificación entre os olívicos, que pechan a mesma e o Calvo Xiria, deixouse patente no campo xa dende os primeiros minutos, como marca o 11-2 no primeiro cuarto de hora. A mellor nova para os conserveiros, a volta de Gabriel Castiñeiras.

2ª Autonómica Masculina, xornada 26

  • Resultado: Balonmán Xallas - CB. Ribeiro (28-19)

bm xallas

Unha vez máis poidemos ver un cómodo partido en Santa Comba, onde os xalleiros dominaron o marcador de principio a fin con vantaxes que variaban entre os 6 e 7 tantos. Durante a primeira metade os locais non estiveron moi acertados de cara a portería, nembargantes, sí mantiveron a liña o ataque visitante, deixando o marcador nun claro 13-6 ao descanso.

Na segunda parte a excesiva relaxación propuciou varios goles do CB. Ribeiro, pero o aumento da efectividade de lanzamento local tapou este factor levando o partido a un 28-19 final.

Máis información

Todas as novas do balonmán costeiro

Comentarios