O Campo da Feira faise forte na Porta Santa
Peisaco, potencia mundial e billarda. Así o equipo Campo da Feira, que cumpliu as expectactivas, e quedou campión da cuarta xornada Noroeste da Liga Atlántica de Billarda celebrada esta pasada fin de semana no Campo de Fútbol A Porta Santa de Paiosaco acolleu esta pasada fin de semana a cuarta xornada Noroeste da Liga Atlántica de Billarda.
I é que Campo da Feira está intratable neste comezo de temporada. De 4 xornadas disputadas levouse o triunfo en 3 e ademais agora sácalle 37 ptos de diferenza ao segundo clasificado da xeral de Equipos.
Ganou a xornada Xan Rodiño de Lúa de Forza, segundo quedou Alberte de Cochiqueiros de Cerceda e terceiro Juan Carlos de Campo da Feira de Paiosaco.
En Categoría Feminina quedou primeira Irene de Cochiqueiros, segunda Merche de APB e terceira Mercedes de Campo da Feira.
En Categoría Infantil, venceu Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, por diante de Juan e de Álvaro os dous de Foucellas da Billarda.
En Equipos, Campo da Feira foi primeiro, segundo APB da Laracha e terceiro Filloas de SAngue da Coruña.
A vindeira xornada será en A Silva –Cerceda o 5 de novembro. E mentres a billarda segue medrando e son varios os centros de ensino que están solicitando demostracións.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 23: Volveu a billarda á praia de Laxe.
- Xullo 23: Cereixas e Billarda maridaron en Paiosaco.
- Xuño 23: A Laracha e Paisaco triunfan na Liga Atlántica de Billarda.