Venres. 26.04.2024
El tiempo

A canteira do atletismo costeiro triunfou nos Campionatos Provinciais

Podium Olimpia_Mazaricos
As mozas do Olimpia coparon varios podios da Carreira de Mazaricos
A canteira do atletismo costeiro triunfou nos Campionatos Provinciais

Intensa fin de semana atlético para a familia da Costa da Morte no marco do Campionato Provincial de Atletismo en Pista que se celebrou na Pobra do Caramiñal o 12 de maio de 2019.

Por unha banda, Pablo Costa Carabel, alumno do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, quedou na campión provincial de pista na proba de 500 metros lisos da categoría alevín masculino.

Podio Pablo Costa

Tamén houbo unha completa representación da Asociación Deportiva Olimpia, cos seguintes resultados:

  • En 60 metros lisos, Sabela Carreira e Lucía Quintela foron 5ª e 8ª respectivamente.
  • En 500 metros lisos, Sabela Carreira foi 7ª.
  • En 1000 metros lisos, Liana Quintela e Martina García foron 7ª e 14ª respectivamente.
  • En Combinadas (categoría Infantil), Sonia Canosa foi 6ª.

Ademais e como ven sendo habitual, a asociación deportiva Olimpia estivo moi ben representada na carreira de Mazaricos celebrada tamén o domingo, con un gran número dos seus atletas copando postos de podium.

E mesmo o venres, a familia do Olimpia participou no “Trofeo Marineda Atlético – I Memorial José Area” na Coruña. En 1500 metros, Julia García foi 8ª, sendo segunda na súa categoría; En 400 metros valados, Lucía Suárez foi 4ª e tamén segunda na súa categoría; En Peso, Xiana Lago e Lúa Cambeiro foron 1º e 3ª respectivamente.

F finalmente Miguel Quintáns quedou 2º na súa serie de 300 metros conseguindo ademais a marca mínima nacional que lle permitirá participar no campionato de España que terá lugar en Xixón en xullo.

Novas relacionadas

Comentarios