Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A carballesa Carla Becerra conseguíu a prata en paralelas no Campionato Galego de Ximnasia Rítmica

Carla Becerra Xinmasia Ritmica Carballo
Carla Becerra Xinmasia Ritmica Carballo
A carballesa Carla Becerra conseguíu a prata en paralelas no Campionato Galego de Ximnasia Rítmica

Nesta fin de semana pasada celebrouse no Pavillón Polideportivo A Xunqueira de Fene o Campionato Galego de Ximnasia Artística. Alí estaba unha carballesa, Carla Becerra Patiño, que competía na xornada do sábado pola tarde na categoría Base 6.

Neste 2023 onde estreaba novos elementos nos seus exercicios, coma “rondada, flic-flac, mortal” e “paloma, mortal” en chan ou a “canica” en paralelas, logrou subir ao podio recoller a medalla de prata no aparato de paralelas asimétricas e a suma dos exercicios nos catro aparatos deulle un nada despreciable 4º posto na clasificación xeral.

Carla ten 13 anos e leva desde os 5 practicando este deporte co Clube Ximnasia Tempo da Coruña e participando en competicións galegas. No ano 2021 participou tamén no campionato de España en Pamplona.

Aínda que acadara algún podio en torneos e mentras competía nas categorías de Escolar, é esta a primeira vez que sube a un podio nun campIonato deste nivel, demostrando o ascenso na súa execución neste último ano, xa que no pasado neste mesmo campionato quedara no posto 11º na xeral e tamén, coma este ano, 4ª en barra.

Comentarios