A carballesa Ruth Fuentefría, subcampiona do mundo de halterofilia sub17
Con apenas 16 anos, a carreira desta carballesa ten un futuro incrible. Ruth Fuentefría Sánchez vén de proclamarse subcampioa do mundo na categoría sub17, nun campionato celebrado a comezos de outubro na cidade de Jeddah, en Arabia Saudí. Un fito espectacular, ao que cómpre sumar o título de Campiona de España acadado a semana pasada, e as tres medallas de bronce conseguidas en agosto no Campionato de Europa de Halterofilia sub-17, disputado en Polonia.
Unha situación que non quixo desaproveitar o Concello de Carballo para facerlle unha recepción oficial. Malia vivir actualmente en Madrid, nun centro de alto rendemento deportivo en Madrid, e ter a familia vivindo na Coruña,
Ruth cumprirá 17 anos o mes que vén, polo que xa competirá en categoría junior, mentres compatibiliza os seus estudos de 1º de Bacharelato, coa mirada posta en estudar INEF.
Evencio Ferreiro desexoulle que chegue a ser a primeira deportista olímpica carballesa.