Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo, potencia en Autocross con campións en todas as categorías

Carballo recepcion_autocross
Carballo, potencia en Autocross con campións en todas as categorías

Carballo é toda unha potencia en materia de autocross. Así o corroboran os títulos de campión de España de Alberto Lorenzo, e os de campións galegos de Dani Castro e Javier Ramilo. Un feito que o Concello de Carballo quixo recoñecer cunha recepción oficial en presencia tamén dop presidente de Máis Motor, Juan Puga, gran promotor dos deportes de motor en Bergantiños

Alberto Lorenzo, que hai só dous anos deu o salto de karting a carcross, vén de proclamarse campión de España de autocross na categoría de promoción. O novo piloto de Razo competiu nun Kincar coa escudería local Máis Motor.
Da mesma escudería é Dani Castro, un habitual da categoría de +1.600, que despois de varios subcampionatos, esta tempada logrou situarse no máis alto do podio. 
Outro carballés, Javier Ramilo, “Kobas”, fixo dobrete ao proclamarse campión galego de carcross e de rallymix ao volante dun Ya-Car con moi poucos días de diferencia.
E ademais dos éxitos individuais, Máis Motor proclamouse por segunda temporada consecutiva campioa galega de escuderías de autocross. E, para completar o podio, outro corredor da escudería carballesa, o larachés Álvaro Freire, é o campión galego en -1.600. 


 

Comentarios