Venres. 07.05.2021
El tiempo

As Carrilanas Esteiro abren unha Escola de Pilotxs

Canteira da Carrilanas de Esteiro
Canteira da Carrilanas de Esteiro
As Carrilanas Esteiro abren unha Escola de Pilotxs

O Gran Prix de Carrilanas irrumpe con forza no Campionato Galego de Karting. Faino a través da Escola de Pilotxs que pon en marcha a A.D.C Esteirana de Carrilanas neste 2021, para fomentar o automobilismo entre a mocidade.

”O karting representa unha modalidade que encaixa á perfección cos valores que a asociación das carrilanas pretende implementar nas súas actividades. Unha competición na que nenos e nenas acoden en familia aos circuitos da xeografía galega practicando un deporte alternativo aos tradicionais”, sinalan dende a entidade para explicar esta “aposta innovadora pola nosa canteira”: “Temos madeira de pilotxs”, apuntan con fachenda.

"A creación dun proxecto propio para a difusión da cultura carrilaneira, é sen dúbida un activo de gran valor municipal e provincial que agardamos poida medrar con paso firme e incorporar máis pilotxs en próximas competicións".

Escola de pilotxs da Carrilanas de Esteiro

Pablo Molinos Buján será o primeiro piloto esteirán que con 11 anos de idade trocará o volante de madeira da súa carrilana polo do seu kart da categoría cadete. Os únicos obxectivos marcados son os de aprender e divertirse, sempre baixo a dirección da familia e cos estudos como prioridade absoluta.

A primeira proba será 18 de abril no Circuíto de a Madalena (Pontevedra).

Novas relacionadas

comentarios