Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Case un centenar de nenos disfrutan do baloncesto en Cee

Case un centenar de nenos disfrutan do baloncesto en Cee

Seguen incorporándose nenos ao Campus de Baloncesto Ferroatlántica que comezou a pasada semana con gran éxito na modalidade de Iniciación, coa participación duns 30 pequenos das categorías prebenjamín e benjamín. Así, hoxe comezou a actividade de Perfeccionamento e Tecnificación, que conta xa cuns corenta asistentes das categorías alevín (10 e 11 anos) e infantil (12 e 13 anos), tanto masculina como feminina.

O Campus de Baloncesto Ferroatlántica, que xa cumpre a súa terceira edición, prolongarase ata o final do mes de agosto, xa que en setembro comeza a Liga provincial. Este ano todos os xogadores do AC Baloncesto Costa da Morte xogarán en primeira división (a categoría feminino infantil xa o fixo a pasada tempada), por iso é polo que este Campus, ademais de servir para animar aos nenos a iniciarse no baloncesto, permite aos que xa están no club adestrarse e seguir en forma de face á próxima campaña, que se prevé máis dura que a do ano pasado.

Ademais, os nenos máis pequenos poderán gozar do Campus ata agosto, xa que a liga comarcal non comeza ata novembro.

As actividades estanse celebrando no pavillón de deportes do Instituto Agra de Raíces de Cee, en horario de mañá. As persoas interesadas en participar poden aínda inscribirse no Concello de Cee ou no lugar dos adestramentos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte.

Comentarios