Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Club Cee Deportes de Contacto organiza este sábado unha xornada con 300 taekwondistas

LIga FITE en Cee
O Club Cee Deportes de Contacto organiza este sábado unha xornada con 300 taekwondistas

Este sábado 3 de febreiro de 2024 o pavillón municipal de Cee acollerá a segunda xornada da Liga FITE Galicia de Taekwondo-Do ITFU 2024. Da man do club local “Club Cee Deportes de Contacto”, que exercerá como organizador, a vila da Xunqueira vivirá unha parada da caravana galega deste depote, con presenza de clubs como ITF Oroso, ITF Noia, Liceo de Noia, Ordes Fight Club e o Club Chong de Carballo.

Serán un total de 300 deportistas (50 do club ceense) os que enchan o pavillón durante toda a xornada, en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 22:00 horas.

Únete ao taekwondo

O Club Cee Deportes de Contacto anima ao público que queira acercarse á instalación xa que a entrada é de balde. Ademais da actividade competitiva, o Club Cee Deportes de Contacto organiza ao longo do ano actividades dirixidas a idades comprendidas entre o 4 e os 70 anos:

  • Escola deportiva de taekwon-do ITF durante o curso escolar (de setembro 2023 a xuño 2024).
  • Luns e mércores das 18:00 ás 23:00 horas no pavillón municipal de Brens (Cee).
  • Campus-Escola deportivo de verán (meses de xullo e agosto). Luns, mércores e venres en horario de mañán no pavillón municipal de Brens (Cee).

Comentarios