O Couquiño acolle a primeira Copa de España estatal da máxima categoría
- A olímpica Miren Lazkano participará esta fin de semana na canle dumbriesa

Tras acoller o pasado mes a Copa de España de base, o Campo de Slalom de O Couquiño (Concello de Dumbría) acollerá unha competición da máxima categoría nacional. A Copa de España absoluta desenvolverase do 12 ao 14 de xullo.
A actividade serve de recoñecemento do Campo de Slalom do Couquiño como un dos mellores emprazamentos de toda Galicia, pois tamén é a primeira vez que un campo galego acolla unha competición na que se asignen prazas directas para disputar co Equipo Nacional de Slalom os Campionatos de Europa Junior e Sub-23.
A proximidade cos Xogos Olímpicos fai que, dos que nos van representar en París, so contemos coa presenza da canoista vasca Milen Lazkano, Campeona de Europa no ano 2021, e que defenderá as cores de España na competición de C1 Femenino. Mesmo así o nivel da competicion vai ser altísimo, ca presencia dos clubes máis importantes de España e a selección de Portugal.
O programa provisional para este fin de semán, a falta de coñecer a lista de inscritos é o seguinte:
- Venres 12 de xullo: Entrenos a partir das 16:00 da tarde.
- Sabado 13 de xullo: 10:00 Semifinais.
- 16:00 Final Competición Sábado..
- Domingo 14 de xullo: 9:00 Semifinal e ás 13:00 Final Competición Domingo.