Xoves. 02.05.2024
El tiempo

De Camariñas a Carballo ca Volta Ciclista

De Camariñas a Carballo ca Volta Ciclista

A segunda etapa da X Volta Ciclista a Galicia partirá dende Camariñas o vindeiro sábado 17 de setembro ás 14:00 horas. A cita será aproveitada polo Concello para artellar a I Festa da Bicicleta, un novo intento de recuperar as dúas rodas como deporte e como medio de transporte.

A Volta a Galicia terá parada en Camariñas na súa segunda etapa, que partirá da vila soneirá para rematar en Carballo. A saída terá lugar dende o paseo marítimo e os corredores farán unha saida neutralizada dando un volta por Camariñas. De contado farán xa a saída oficial con destino a Carballo onde terá lugar o remate da etapa unha vaz pasadas poboacións como Ponte do Porto, Vimianzo, Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica.

I Festa da Bicicleta

Aproveitanto este evento, o Concello de Camariñas organiza a I Festa da Bicicleta que terá lugar o mesmo día ás 11:00h da mañá e onde poden participar todo o mundo sen límite de idade, e onde tódolos participantes darán unha volta por Camariñas e arredores partindo dende o paseo marítimo. Para elo, hai que inscribirse no Concello ou ben nos teléfonos: 981 736 000 e 669 841 698.
Tódolos participantes terán agasallos e participarán no sorteo de dous maiots da Selección Galega de Ciclismo.

O Concello de Camariñas quere agradecer enórmemente ás 8 empresas patrocinadoras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Camariñas, da man de Juan Cabrejo.

Comentarios