Venres. 29.03.2024
El tiempo

Emotivo Rally de Pontevedra: Senra dase un paseo e Lariño Waldomar adáptase ao coche

  • Esta fin de semana volve á competición Pedro Castro no Rally de Narón
Javi Larino Waldomar no Rally de Pontevedra 2021
Javi Lariño Waldomar no Rally de Pontevedra 2021
Emotivo Rally de Pontevedra: Senra dase un paseo e Lariño Waldomar adáptase ao coche

O de Pontevedra foi un novo paseo triunfal de Víctor Senra. Trala vitoria na Coruña, e desta volta con Ramón López de copiloto, o de Olveira volveu arrasar vencendo en 8 dos 9 tramos e deixando a máis de 2 minutos a Jorge Pérez.

O dumbriés adicoulle a vitoria a Victor Magariños, un piloto moi querido no circuito, que faleceu a fin semana pasada durante os adestramentos para esta proba, e que deixaba consternado a todo o mundo do motor.

Javi Lariño Waldomar

Pola súa parte, Javi Lariño Waldomar e José Antonio Martínez (Santi Priege tiña voda) seguen adaptándose ao vehículo, “indo cada vez máis cómodos”. Desta volta só fallaron na elección de todas en dous tramos, pois escolleron seco e acabou chovendo moito, provocando unha importante perda de tempo con trompo incluído.

Boa proba da mellora é que no último tramo fixeron un 21º da xeral, quedando finalmente 27º, e 10º na Copa Pirelli AMF MS, onde hai moita xente competindo moitísimo, pero onde tamén houbo pilotos locais que non seguirán no campionato galego.

”Seguimos adaptándonos ao coche. N rali creo que melloramos bastante con respecto a Coruña, e notamos que o coche esta moi equilibrado e vaise moi cómodo nel. Se tivera 10 ou 20 cabalos áais tampouco pasaría nada pero non me queixo”, bromea. “O importante é que temos un coche moi fiable”, conclúe satisfeito.

Nova proba en Narón, cun novo piloto costeiro

Esta vindeira fin de semana toca Rally en Narón, proba do Campionato de España, e entre os 66 inscritos teremos outro piloto carnotán en competición: Pedro Castro de SPS Competicion volverá, despois de 1 ano e 9 meses, saltar ao asfalto co seu Mitsubishi Lancer Evolution IX escoltado por Álvaro Vila Davila.

Alvaro Vila e Pedro Castro Carballo de SPS Competicion
Álvaro Vila e Pedro Castro Carballo de SPS Competicion

Novas relacionadas

Comentarios