Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fermosa experiencia, e unha medalla agridoce, para a familia do Club Judo Bergantiños na Copa de España celebrada en Tenerife

Membros do Judo Club Bergantinos en Tenerife
Membros do Judo Club Bergantinos en Tenerife
Fermosa experiencia, e unha medalla agridoce, para a familia do Club Judo Bergantiños na Copa de España celebrada en Tenerife

Gran experiencia para os deportistas bergantiñáns esta pasada fin de semana. O Club Judo Bergantiños acodía á Copa de España, celebrada en Granadilla de Abona, Tenerife. 6 deportistas disfrutaron e sumaron combates importantes á súa traxectoria, pero ademais Lucía Blanco e Naira Blanco suman puntos para o ranking nacional.

Precisamente Lucía Pazos volvía para casa coa medalla de prata, na categoría infantil en -57 quilos. Pero volve con sabor agridoce, posto que a muxiá ía gañando a final e unha decisión dubidosa descalificouna. Lucía, vixente campiona de España da categoría, quedou sen un xusto ouro.

Lucia Pazos a esquerda na Copa de Espana de Judo
Lucía Pazos, á esquerda no poido da Copa de España de Judo

Pola súa parte, Naira Blanco acadou a 7ª praza en cadete -52, despois de gañar 3 combates e perder outros 2.

Pola súa parte, Raúl Ponte (en primeiro ano de infantil -50) gañou un combate e perde dous, mentres que María Tajes (-52) non pudio pasar da primeira rolda.
En cadetes, Nicolás Quiñoy gañou un combate e perde dous; mentres que o resto, Alex Blanco, Daniela Castiñeira e Borja Villar, non lograron pasar o primeiro corte.

Membros do Judo Club Bergantinos en Tenerife de experiencia
Gran experiencia vital para a expedición costeira en Tenerife

Novas relacionadas

Comentarios