Domingo. 13.10.2024
El tiempo

FSF: Perigo na Preferente e avanzando na Copa 1ª Galicia

Maria de Dumbria no Fisober
Maria de Dumbría no choque do Fisober
FSF: Perigo na Preferente e avanzando na Copa 1ª Galicia

Demasiado castigo, a abultada goleada recibida no Conco, para un Fisober que o intentou e tivo oportunidades e cando arriscou a desesperada na busca da igualada recibiu un resultado demasiado excesivo ao visto na pista. As de Fran Toba manteñen, a falta de 6 xornadas 3 puntos de vantaxe sobre os 4 postos de descenso, pero non se poden relaxar.

Ademais, comezou a Copa 1ª Galicia. O Amarelle Concello de Santa Comba iniciou a súa andadura na fase previa de Copa cunha vitoria sobre o Melide FSF. Ademais, gran partido de Copa do filial do Fisober ante o subcampión de liga, un partido que se lle escapou nos últimos dous minutos onde pagou a súa xuventude cunha convocatoria chea de infantís sete e tres cadetes.

Campus Fisober

Ademais o Fisober F.S.F. xa ten preprarado coma cada Semana Santa o seu campus que vai pola quinta edición.

Campus Fisober FSF Semana Santa 2019

Preferente Galicia, xornada 23

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – PASTELERÍA CERVELA A ESTRADA FUTSAL (2-8)
  • FISOBER : Lía, Adriana, Kenny , Paula Fandiño, Ana ; tamén xogaron : Mai, María Dumbría, Carre, Laura.
  • Goles: 1-0 min 3 Paula Fandiño, 1-1 min 8 Sonia, 1-2 min 10 Natalia Mercedes, (descanso), 1-3 min 25 Natalia Mercedes,2-3 min 28 Paula Fandiño, 2-4 min 36 Sonia, 2-5 min 37 Lucía, 2-6 min 38 Patricia, 2-7 min 39 Patricia, 2-8 min 39 Noelia.

Iniciaban o partido os dous equipos moi concentrados. A primeira ocasión foi local por parte de Kenny. Aos tres minutos un envío longo de Paula Fandiño coabase para ser o 1-0 local. A Estrada non creaba perigo ante un Fisober intenso e moi ben prantado en defensa. E aos oito minutos un roubo das estradenses chegaba o gol da igualada. E tan só dous minutos despois unha contra visitante poñía o un a dous no electrónico, botando por terra o gran traballo das costeiras en tan solo dous minutos.

O inicio da segunda metade chegaba cunha novidade que era cas visitantes xogando de cinco e no primeiro minuto un roubo de Ana a piques estivo de igualar o partido. Pouco despois era Adriana a que case iguala o electrónico. As visitantes tiñan poucas ocasións pero moi claras e aos cinco minutos unha triple ocasión visitante poñía un desesperanzador un a tres no tanteador. Primeiro unha boa ocasión de Mai e logo un gol despois dun lanzamento de Paula Fandiño poñían o dous a tres e as locais novamente no partido.

Todo trocou cando a falla de catro minutos as visitantes facía o cuarto e poñían máis terra de por medio no electrónico. Decidiron arriscar as locais co xogo de cinco pero lonxe de reducir distancias foiselles xa o partido a desesperada facendo un marcador máis abultado do visto sobre a pista.

Copa 1ª Galicia Feminina, Grupo A, xornada 2

  • Resultado: Melide FSF - Amarelle Concello Santa Comba (1-5).
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Sandra, Tania, Violeta, Aroa, Andrea, Elsa.
  • Goles: 0-1 Carla (min. 3); 0-2 Nuria (min. 4); 0-3 Violeta (min. 10); 1-3 María (min. 21); 1-4 Nuria (min. 30); 1-5 Carla (min. 35).

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, comeza con bo pé na fase previa da competición de Copa. Na primeira parte, o cadro xalleiro empezaba moi intenso no partido e conseguía adiantarse no marcador con dous rápidos goles, de Carla e Nuria, que poñían ás visitantes cunha vantaxe de 0-2 no luminoso, cando só pasaran catro minutos de xogo. As locais non conseguían reaccionar, e o Amarelle Concello de Santa Comba poñía o 0-3 no marcador aos dez minutos de xogo; o que daba certa tranquilidade ás visitantes. O partido relaxábase, e isto aproveitábano as locais para recortar distancias, cun gol de María, a catro minutos do tempo de asueto; e co parcial de 1-3, o partido iríase ao tempo de asueto.

Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba saía coa intención de deixar pechado o partido, e conseguía poñer o 1-4 no marcador, aos cinco minutos, tras un novo gol de Nuria. O Melide FSF intentaba recortar distancias, pero non era capaz de crear perigo sobre a portería xalleira; e as visitantes daban por finiquitado o partido co 1-5, tras un tanto anotado por Carla.

Copa 1ª Galicia Feminina, Grupo B, xornada 2

  • Resultado: FISOBER B F.S.F. – 5 CORUÑA (4-4)
  • FISOBER B: Naira, María Maroñas, Kenny, Laura, Andrea; tamén xogaron: Lucía Canosa, Nerea, Sharay, Lucía Rodríguez, Saray, Lucía Martínez, Uxía.
  • Goles: 1-0 min 9 Lucía Canosa, 1-1 min 11 Mel, 1-2 min 23 Leny ¡, (descanso), 2-2 min 42 Lucía Canosa, 3-2 min 45 Saray, 4-2 min 47 Lucía Canosa, 4-3 min 48 Mel, 4-4 min 49 Leny.

Maronas co filial do Fisober

Arrancaba moi forte o equipo visitante con moitas ocasións que eran desbaratadas por Naira. E a contra despois dun roubo da infantil Lucía Canosa adiantábase o filial costeiro. Pouco lles durou a ledicia xa que igualaban as herculinas pouco despois. Naira seguía aguantando das súas e as locais tiñan tamén as súas opcións, como unha de Kenny e Laura. Adiantábanse as visitantes a pouco do fin da primeira metade por medio da fisterrana Leny e a local Lucía Rodríguez evitaba o terceiro baixo paus, chegándose con triunfo pola mínima visitante ao tempo de lecer.

A segunda metade comezaba con susto para as do filial pero entre unha defensora e Naira evitan o gol. Seguían as ocasións visitantes e a boa actuación da cadete Naira en portería e o longueiro tamén axudou, e na contra Lucía Canosa case marca. A oito para o fin de novo a infantil Lucía Canosa en xogada individual poñía o gol para o filial costeiro e a igualada no electrónico. As herculinas tiñan ocasións e non definían pola súa banda o filial si aproveitaba as súas, e despois dun roubo de Saray chegaba o terceiro do filial dándolle a volta ao partido.

Saían de cinco as herculinas e Kenny nun roubo case marca. Quen si o fixo foi Lucía Canosa para facer o seu terceiro do partido, poñendo dous goles de vantaxe para o filial a pouco do fin. E cando parecía xa sentenciado o partido a prol do filial pagou a inexperiencia e recibiu dous goles case consecutivos que deixaron o resultado en igualada a catro.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios