Futsal: O FSF Villa de Cee debutou con vitoria e o Mazaricos Futsal espera a súa estrea
Ao igual que o FSF, o futsal masculino xa está en marcha. Este ano teremos dous equipos en competición. O veterano, xa comezou, esta pasada fin de semana. O FSF Villa de Cee comezou a Liga de Preferente con vitoria na casa ante o Castroverde.
Os de Juan Caamaño este ano “van a por todas”, e para iso contan cun plantel formado por José Ángel Pose e Maikel (novo) na portería; Mario, Jose Antonio (novo), Juanjo (novo) de cierres; Angelito, Aitor, Saulo (novo), Juan Bello, Félix e Migueló de alas; e Santi, Marroco e Kevin (novo) de pivots.
No debut ligueiro vencía 4-2 ao Castroverde, cos tantos de Félix e Perce, que remontaban o gol inicial dos visitantes antes do descanso, e Ángel e Félix, transformando falta para sentenciar o choque nos últimos minutos.
Debut do Mazaricos Futsal
O cadro amarelo nun choque de pretemporada
Mentres, en 1ª Galicia debuta esta fin de semana o novo Mazaricos Futsal. Son en realidade un grupo de amigos que levaban tempo sen xogar xuntos, algúns fóra por motivos laborais, aos que sempre lles gustou o FS, e que agora lles xurdiiu a posibilidade de comezar a competir.
Xa disputaron dous choques este verán ante o FSF Villa de Cee e este sábado debutan ás 18:00h no pavillón da Picota ante o Outeiro de Rei (están inseridos no grupo de Lugo porque da Coruña só hai 3 equipos).
Nacen coa aspiración de disfrutar porque “sendo sinceros non o temos claro porque non sabemos nada o nivel que pode haber, pero nos o tema de perder non o levamos moi ben jajajja”, bromea Brais, un dos responsables.
Os amarelos afrontan esta temporada sen adestrador, pero coa vontade de sumar co apoio dos delegados Bieito e Iván Moledo. Teñen, iso si, 3 porteiros (Damián, Tabula e David), e xogadores como Carreiriña, Ferreiriño, Oreiro, Oscarín, Sandelo, Chapela, Ramón e Brais. Contan ademais que outros dous compañeiros se poidan unir á aventura deportiva.
Brais Estalote recibindo o Trofeo da Xunqueira a mans de Jaime Casais do Centro Comercial Finisterrae