Unha nova prata estatal para Lucía Pazos

13:10 04/02/20
Santiago acollía a pasada fin de semana unha nova Copa de España Infantil de Judo. Alí acodía unha expedición do Judo Bergantiños, comandanda pola deportista muxiá Lucía Pazos. Segue dando alegrías ao deporte costeiro a pequena dos Pazos, pois acadou a medalla de prata en -57 tras gañar dous combates e ceder na final ante a representante asturiana.
Con este resultado Lucía segue sumando puntos no ranking nacional e acumulando combates para chegar ás próximas competicións ao máximo nivel.
A participación bergantiñá completouse cos combates de Raúl Ponte e Anxo Souto, que malia non conseguir pasar da primeira rolda, si que disfrutaron da experiencia dunha competición estatal.
Novas relacionadas
- Decembro 19: Fermosa experiencia, e unha medalla agridoce, para a familia do Club Judo Bergantiños na Copa de España celebrada en Tenerife.
- Novembro 19: Lucía Pazos, campiona infantil da Copa de España de Judo.
- Agosto 19: Naira Blanco e Lucía Pazos, en Andorra coa Selección Nacional de Judo.
- Abril 19: As bergantiñáns Naira Blanco e Lucía Pazos fan un gran papel no Campionato de España de Judo.