mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso

O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso

Vitorión do equipo de Dioni Quenlle no Rosal. Tras esta vitoria, o Camariñas retorna á loita pola competición, xa que volve situarse na segunda praza a tan só un punto do líder, o Explotacións Mineiras do Morrazo.

Datos do encontro

  • Resultado: Atl. Novás, 24 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 28
  • Conservas Boya: Lalá (p), Víctor (p), Fari (1), Diego Alonso, Felipe, Quin (7), Canedo, Moncho (2), Salva (5), Caamaño (2), Catalán (5), Xabi (3), Perón (3).

Unha primeira parte moi irregular, onde un equipo e outro mostraron os seus defectos e virtudes, que terminou cun significativo empate a 12, resultado que nos di o bo facer dos porteiros dos dous equipos.

Na segunda parte o Camariñas foi fraguando a vitoria que tanto necesitaba logo de 2 derrotas en casa e un empate fóra, a base dunha defensa que na primeira volta fíxoos lideres, volvéronse a sentir as mesmas sensacións e funcionou de novo a defensa camariñá, que aos poucos se foi impondo á maior envergadura local.

Vindeira cita

Esperemos que esta vitoria devolva a confianza aos xogadores da Costa da Morte e que o proximo sábado ás 18:30 poidan gozar do balonmán coa esperanza de que o Camariñas volva atopar o camiño da vitoria como local. O rival a bater será o Atético Guardés, ao que xa se lle gañou a domicilio na primeira volta.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.

Comentarios