Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O camariñán Víctor Vigo ficha polo Bm Guadalaja da Liga Asobal

O camariñán Víctor Vigo ficha polo Bm Guadalaja da Liga Asobal
O camarinas Victor Vigo recala en Guadalaxara-Foto-GuadaQue

Segue un dos mellores deportistas da Costa da Morte crecendo. Ante a desaparición do seu clube, o BM Atlético de Madrid, o internacional camariñán Víctor Vigo vén de asinar contrato cun grande do balonmán español, o BM Guadalajara.

O central costeiro estará ás ordes dun mítico omo Mateo Garralda, que se louba da fichaxe. I é que Víctor xa é un veteranos da ASOBAL, xa que tamén militou no Teucro, o Naturhouse A Rioja e o BM Antequera. O ano pasado, sen ir máis lonxe, anotou 119 goles aos seus 29 anos.

"Será unha peza moi importante en ataque. É xogador que tácticamente sabe ler os partidos, manexa perfectamente o tempo do xogo e ademais ten gol. Hai que agradecer e valorar o esforzo que fará o club para facerse cun xogador que xa quixen ao principio, pero cando apareceu o At. Madrid non puidemos competir económicamente. Estou tremendamente satisfeito co equipo que confeccionamos", comenta o técnico Mateo Garralda.

Sorte para el!

Novas relacionadas

Comentarios