Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Ifecgas Pereira Xuvenil pecha cun título un ciclo irrepetible para o Balonmán Xiria

O Ifecgas Pereira Xuvenil pecha cun título un ciclo irrepetible para o Balonmán Xiria
Este Ifecgas Pereira Xuvenil remata un ciclo historio para a familia do Bm Xiria

Infinita a canteira do Balomnán Xiria. Xa o ano pasado disfrutabamos con eles no Campionato de España de Almería, e iamos con David García Pichel e a Selección Española por toda Europa. Este curso, o Ifecgás Pereira Xiria volvía facer historia, cun subcampionato de liga de División de Honra xuvenil e participando nos sectores do Campionato de España, e pechando a temporada co título da Copa Federación Galega, disputada esta pasada fin de semana no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo fronte a todo un histórico do balomnán galego, a Sociedade Deportiva Teucro Asegrup.

Este encontro cerra un ciclo inmellorable dun conxunto de rapaces que foron mellorando dende os seus inicios ata consolidarse na élite do balonmán galego e destacarse como dominador nos últimos anos na máxima categoría autonómica.
Neste contexto, os rapaces de segundo ano xuvenil que hoxe engrosan as filas do Ifecgas Pereira Xiria pechan unha etapa memorable para a entidade e auguran prósperos anos ao equipo sénior, coa súa inmediata participación ás ordes do técnico Marcos Rodríguez, técnico que por outra parte comenzara o traballo con estes rapaces dende os seus inicios pechando, desta forma, un círculo cheo de vivenzas deportivas e humanas.

Dende abaixo

Xa en idade infantil, con Fernando Vázquez e Fran Del Valle como técnicos, o grupo destacaba polo seu carácter competitivo e as súas posibilidades de crecemento a nivel individual e colectivo, pero non foi ata a etapa cadete cando apareceron os mellores anos deste equipo:

En cadetes de primeiro ano, o equipo destapouse como un dos conxuntos que mellor balonmán facía na liga. O dinamismo, velocidade e intensidade que imprimían no seu xogo non pasaba desapercibido para os siareiros e entrenadores contrarios, que sempre destacaron o bo facer de esta xeración. Ao remate da competición, o equipo de Carballo conseguía a terceira praza da liga regular e quedaba fora do campionato de España nun agónico partido xogado contra ó Octavio de Vigo en Balaidos. Un gol conseguido no último segundo polos olívicos deixaba fora da fase nacional a un conxunto que se mostrara moi superior ao longo da competición.

Pero o mellor estaba por chegar e tan só un ano despois, o chamado de aquela Vipecón Xiria, conseguía o título de campeón galego en categoría cadete, despois de manter unha dura pugna co Balonmán Lalín durante todo o campionato. A segunda praza conseguida na fase zonal do nacional despois de perder tan só contra un Ademar que á postre foi terceiro de España, descubríu a un equipo exitoso con moitas satisfaccións que dar todavía á familia do Xiria.

Ano a ano, o equipo íase superando e no primeiro ano xuvenil, xa coa denominación de Ifecgás Pereira, o conxunto bergantiñán repetía título galego e engadía ao seu palmarés o primeiro posto da fase zonal do campionato de España, celebrada en Carballo, para rematar unha tempada histórica como o oitavo mellor equipo de todo o territorio nacional.

Esta xeración chegaba ao último ano da sua etapa de formación con ganas dun novo éxito e con esa ilusión comezaba a sua andaina aló polo mes de xullo do 2012, unha vez máis ás ordes do técnico Fernando Vázquez, que xa acumulaba cinco anos con estes rapaces, nunha simbiose que resultou ben fructífera. A bagaxe non puido ser mellor. Nesta ocasión non se puido repetir campionato galego por terceiro ano consecutivo, pero o subcampionato galego facía posible que o Ifecgás Pereira disputase de novo unha fase do campionato de España, esta vez tamén en León. Nun encontro reñido e competido, o conxunto carballés caía nos derradeiros minutos contra o equipo anfitrión na segunda xornada do torneo e isto deixaba sen opción de pasar á seguinte fase aos de Xiria.

E como colofón, Campións da Copa Federación

Final da Copa Federación Galega Xuvenil

  • Resultado: IFECGÁS PEREIRA XIRIA - S.D. TEUCRO (32-28).
  • Ifecgás Pereira Xiria: 32 (16+16): Zúpez, Anes (3), Martín (8), Óscar (1), Jorge (8), Calvete (2), Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Edu (3), Iván (1), Enrique (2), José (2), Buño, Fidi, Álex (1).

O pasado domingo disputábase unha final máis das moitas que levan ao lombo esta marabillosa xeración de xogadores que hoxe completan o plantel do Ifecgás Pereira Xiria. Neste caso, o encontro, que daría paso ao novo campión da Copa Federación, enfrontaba ao Ifecgás Pereira Xiria contra o potente Teucro de Pontevedra, conxunto que acadara o cuarto posto na pasada liga de División de Honra na que os carballeses foron subcampións.
O envite tiña moitas máis connotacións, xa que tamén servía como despedida e peche de esta gloriosa etapa de formación dos que hoxe son xuvenís de Xiria. Os actos, todos eles emotivos, daban xeito a pensar nunha mañá de balonmán inesquecible.

Xa metidos en tarefas balonmanísticas, resaltar a actitude e intensidade con que saíron os locais ao campo de xogo. A retagarda, infranqueable para os pontevedreses nos primeiros compases, daba mostras do alto nivel de concentración dos de Xiria e das ganas de agradar aos moitos seareiros que se deron cita nas bancadas do Vila de Noia. Álex Malvar, técnico dos visitantes, xa tiña que pedir o primeiro tempo morto no minuto dez para frear as acometidas e a sangría que estaba a sufrir o seu conxunto (5-1). Pouco cambiaron as cousas na volta deste paréntese e os carballeses continuaban superando en todas as facetas do xogo aos da cidade do Lérez, para establecer no tempo de descanso unha diferenza que se antollaba insalvable para os foráneos (16-8).

A reanudación foi moito máis placida e os bergantiñáns baixaban a intensidade e a súa concentración, dado o avultado do electrónico que chegou a ser de dez goles de diferenza no meridiano deste segundo acto (24-14). A Copa xa non se escapaba, estaba practicamente nas mans dos xuvenís de Xiria e foi entón cando o envite tornouse nunha loucura, cun conxunto local máis pendente do que estaba a ser unha festa e un Teucro que aproveitaba os últimos instantes para maquillar o resultado á contra.

Algarabía final polo título conseguido e moita emotividade ante a despedida desta xeración da etapa xuvenil. Regalo dos pais dun enorme mural coa lenda: “GRAZAS POR TODO”, repleto de fotos e instantáneas de todos estes exitosos anos e entrega de trofeos por parte de Evencio Ferrero (Alcalde de Carballo), Bruno López (Delegado Federativo da provincia da Coruña) e José Antonio Rodríguez (delegado do Ifecgás Pereira Xiria e directivo de Escolas Balonmán Xiria) que entregou o trofeo de mellor xogador da final ao carballés Rubén Anes.

A canteira continúa en marcha

E mentres, por abaixo seguen pegando forte. Tems varios carballeses nas Convocatorias definitivas cara o Campionato Galego de Seleccións Provinciais que terá lugar o día 1 de maio en Santiago de Compostela. Escolas de Balonmán Xiria aporta 13 rapaces e rapazas, sendo o club con maior presenza nos combinados da provincia coruñesa:

  • Infantil Masculina: Sergio Pombo, Francisco Rey, Andy Rey, Antón Traba, Mario Lema, Pablo Cambón. Adestramento o domingo ás 18.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.
  • Infantil Feminina: Alba Rodríguez. Adestramento o domingo ás 17.00 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.
  • Alevín: Juan Pereira, Daniel Regueiro, Alejandro Gómez, Íker Martínez, Franco Rial, Fernando Mallo. Adestramento o domingo ás 15.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios