Venres. 17.05.2024
El tiempo

Fin de tempada na casa para os equipos conserveiros do balonmán costeiro

Fin de tempada na casa para os equipos conserveiros do balonmán costeiro

Empate do Bm. Camariñas no último partido de Liga entre dous equipos que non se xogaban nada. Foi un choque tranquilo que serviu de homenaxe para imparable afección do Areal.
A valoración da tempada foi boa, proclamándose campión da fase preliminar e finalizando a liga entre os 4 primeiros nunha tempada que se pode considerar de transición.

E boa entrada, cuns 250 seareiros que se achegaron ao Municipal Vila de Noia a pesar da soleada tarde de hoxe, para despedir o ano nesta derradeira xornada da liga de 1ª Estatal para o Calvo Xiria coma local. Así, un necesitado Bm. Lalín estivo máis metido no partido e levou a vitoria, o que non empañou a festa da familia Xiria, tras un partido no que os mellores foron Manuel e Gonzalo.

A fin de semana tamén tiña de protagonistas aos xuvenís carballeses, que participaron no sector do Campionato de España, cogando contra equipos como o Bidasoa Irún. Parabéns para unha nova gran xeración de xogadores carballeses.

Os xuvenis do Ifecgas Pereira ante o Bidasoa no sector do Campionato de Espana

1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 11

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Bm. Carballal (26-26).
  • BM. CAMARIÑAS: Víctor e Alex ℗, Fari (3), Quin (2), Moncho (3), Catalán (3), José Ramón (3), Jacob, Xabi (3), Perón (2), Damián (1), Antelo (2), Fran Varela (2), Carlos Pereiro (2).

Un partido moi tranquilo que os dous árbitros terminaron por enrarecer, pois as distintas formas de valorar as accións defensivas, déronlle ao equipo visitante 8 faltas máximas por unha para os locais, cando non houbo tal diferenza no terreo de xogo.
Xogarán a fase de ascenso o Balonmano Pontevedra e a S.A.R. de Redondela. Baixan O Atlético Guardés e o BM Deza. Quedando pendentes de descenso o Moaña e o Pabellón Ourense, dependendo das carambolas dos ascensos e descensos de categorías superiores.

1ª Estatal, xornada 25

  • Resultado: CALVO XIRIA - EMBUTIDOS LALINENSES – BM LALÍN (29-31)
  • Calvo Xiria 29 (13+16): Iago [p], Sergio (1), Jesús (3), Chimpo (4), Dubra (4), Manuel (6), Pablo (9) -sete inicial- Naya [p], Brais, Gonzalo (2), Mario, Ramón.
  • Marcador: 2-2, 5-6, 7-8, 10-9, 12-12, 13-14 (descanso); 15-16, 16-20, 19-23, 22-25, 26-27, 29-31 (final).

Con moitas defensa do Calvo Xiria foi de circunstancias e ben ás claras falan os 31 goles que encaixou. Tamén no eido ofensivo presentábase o conxunto carballés sen ningún pivote perdendo deste xeito opcións de gol. Sergio e Gonzalo foron os escollidos para traballar nesta posición, e fixérono a reo mais con moitas dificultades, lóxicas por outra parte. Sabedores deste feito saíron os verdibrancos concienciados da necesidade de acadar boas opcións de lanzamento e convertelas en gol ante un equipo moi perigoso na primeira oleada de contraataque.

E non estivo mal o conxunto verdibranco na creación de xogo. Dende todas as posicións do terreo puideron lanzar con comodidade sobre a meta dezán. Pero baixo os paus roxinegros xurdiu o mellor xogador do partido. Durán foi un auténtico pesadelo para os carballeses que viron como marchou do encontro cunha porcentaxe de acertos nas súas actuacións do 54%, facendo inútiles todos os esforzos que fixeron os locais por despedirse dos seus incondicionais cunha vitoria.

O partido foi bastante duro e trabado ao longo dos sesenta minutos. Non foi de estrañar xa que o Bm. Lalín xogábase acadar a permanencia na categoría, coma finalmente conseguiu. Os colexiados non foron quen de reconducir a situación, permitindo algunha agresión coma a que sufriu Jesús. Isto fixo que os seareiros carballeses tomaran partido na situación e animaran dun xeito decidido aos seus, feito que algún xogador do Bm. Lalín non entendeu. Co remate do partido os xogadores visitantes deron renda solta á toda a tensión acumulada e celebraron a permanencia acadada na pista carballesa, pero un deles nun acto antideportivo trepou á grada para chuspir aos seareiros locais. Lamentable conduta individual a deste xogador que non representa a do Bm. Lalín, que nese mesmo intre reaccionou a través do seu adestrador pedindo desculpas.

O vindeiro sábado o Calvo Xiria remata a liga da tempada 2012/13 ante o Lavadores, será en Vigo ás 19:00 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios