Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Oso Polar pecha o ano con dúas vitorias e escapa do descenso

O Oso Polar pecha o ano con dúas vitorias e escapa do descenso

Oso Polar Costa da Morte sobe ata a 7ª posición tras conseguir a segunda vitoria consecutiva. Tras vencer fai unha semana ao C.B. Culleredo por 71 a 54 o Oso Polar impúxose ao Talleres Baleato Feedback. Esta vitoria permite ao equipo costeiro escapar da parte baixa da táboa e situarse a tan só un triunfo do terceiro clasificado.

Datos do encontro

  • Resultado: Oso Polar Costa da Morte, 61 - Talleres Baleato Feedback, 53
  • Parciais: 19-17, 12-17, 21-6, 9-13).
  • Oso Polar Costa da Morte: Manuel (2 ptos), Roberto (14 ptos, 3t), Santi (6 ptos), José Ramón (15 ptos, 2t) e Pais (16 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Iván (-), Fabián (3 ptos), David (5 ptos) e José (-).
  • Talleres Baleato Feedback: Bodelo (5 ptos, 1t), Bellón (22 ptos, 3t), A. Pérez (2 ptos), S. Pérez (-) e Cardama (15 ptos, 1t) [cinco inicial]. Tamén xogaron Porteiro (6 ptos), Baña (-), Gerpe (3 ptos), Torres (-) e Suárez (-).

Partido moi igualado o que enfrontou ao Oso Polar e Talleres Baleato. Ambos os equipos chegaban logo de obter importantes vitorias. O equipo de Bembibre empezou moi intenso o partido e conseguiu marcar o ritmo de xogo que lles interesaba nos primeiros compases de xogo. Pola contra o Oso Polar intentaba baixar o ritmo para con pausados ataques atopar a forma de romper a correúda defensa do seu rival. Chegouse ao descanso con 31 a 34 favorable para o equipo de Bembibre.

No terceiro cuarto o Oso Polar saíu moito máis centrado en cal era o camiño a seguir para conseguir alcanzar a vitoria e conseguiu abrir oco no marcador mercé a un parcial de 21 a 6 froito dunha gran defensa colectiva e paciencia á hora de mover o balón en ataque ata conseguir a mellor opción.

Resultou determinante neste cuarto a actuación de Pais que anotou 9 ptos e impuxo o seu dominio en ambas as zonas. O último cuarto foi un mero trámite co Talleres Baleato intentando recortar a distancia e o Oso Polar xogando co marcador.
Por parte do Oso Polar destacar as actuacións de Roberto con 14 ptos e 3 triplos no perímetro e a parella interior formada por Pais e José Ramón con 16 e 15 ptos respectivamente. Foron baixa por lesión para este partido Andrés por estar convalecente dunha operación e Busto por lumbalxia.

Vindeira cita

A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte visitará o domingo 9 de xaneiro ás 18:00h ao Cluny de Santiago.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte e do Club Baloncesto Baio-Zas.

Comentarios