venres. 18.04.2025
El tiempo

Os horticultores aprenden a analizar os solos

Os horticultores aprenden a analizar os solos
O taller tivo lugar no centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa O taller tivo lugar no centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa Un grupo de horticultores da Costa da Morte que forman o GEDA - Grupo de Estudo e Desenvolvemento Agrario - realizaron o pasado martes un taller sobre a análise dos solos co fin de buscar solucións ás diferentes problemáticas coas que se atopan nas súas explotacións. O taller tivo lugar no Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa que xunto co GDR Bergantiños puxeron en marcha o GEDA de Bergantiños. Aquí, os horticultores recibiron formación técnica relacionada cos efectos do exceso de materia orgánica no chan, tipo de abonos, nutrientes, fertilizantes adecuados para cada tipo de solo, extracción de mostras de terra e interpretación de analíticas. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • AD Bergantiños
 

Comentarios