Luns. 06.05.2024
El tiempo

Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas

Pleno de vitorias no día da presentación da familia do Bm. Camariñas
Presentacion oficial de toda a familia do Bm Camarinas-Foto-Panadeiro Camarinas

Comezou o Camariñas a Liga cunha traballada vitoria en casa ante o Rasoeiro, que supón un fantástico impulso para afrontar unha longa campaña. E ofixo despois da presentación oficial de toda a familia conserveira, con todas as Escolas de Balonmán que demostran que a canteira está moi forte.
Pola súa banda o Calvo Xiria desprazouse este domingo a Vigo para disputar o partido da sexta xornada da liga de 1ª Estatal que o enfrontaba ao Granitos Ibéricos, equipo que non foi quen de puntuar no que vai de tempada, pero que complicou, e moito, a conquista dos dous puntos por parte carballesa.

Mentres, xa están na xornada 6 os dous equipos costeiros da 1ª División Feminina. O Bm. Camariñas vencía ao Balonmán Caselas por 30-23 quedando 5ª as camariñás con 8 puntos, a 4 do líder o Porriño. Mentres que as do Goldie Xiria acadaban a súa primeira vitoria ante o Bueu Atlético que as mete na loita por manter a categoría.

1ª División Autonómica

  • Resultado: Bm. Camariñas - Rasoeiro Bm (32-31)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (6), Eusebio (1), Sergio (2), Ángel, Xabi (8), Catalán (8), Perón (3), Damián, Antelo (4), Jaime.

Primeiro partido de liga con dous equipos moi parellos e con serias ausencias en ambas formacións, ben fose por lesión, sanción ou traballo.
Empezou ben o Boya cun parcial de 8-2, prometéndollas moi felices, pero o adestrador visistante xogou moi ben as súas escasas cartas e axustando o seu defensa impediu que os locais se fosen no marcador recuperando os poucos ata ata poñerse por diante no marcador co seu porteiro Noya de figura, parou 6 penaltis e un sinfín de contraataques, foi el quen mantivo ao Rasoeiro no partido, bo porteiro, ao que o Camariñas fixo aínda mellor, xa que as súas selección de tiro non foi boa.
Ao final un inicio con vitoria, que sempre é bo, agora toca preparar o próximo partido que será contra o Pontedeume, que quizais vaia a ser o equipo revelación desta liga de 1ª División Autonómica.

1ª División Estatal, xornada

  • Resultado: GRANITOS IBÉRICOS - CALVO XIRIA (24-28).
  • Calvo Xiria (12+16): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Zas, Javier (1), Manuel (5), Pablo (10) -equipo inicial- Naya [p], Martín G. [p], Calvete, Brais (4), Jorge (4), Rubén (1), Martín A. (1)

Os verdibrancos de inicio conseguiron levar a voz cantante durante os primeiros compases do partido e ao pouco gañaban por 1-3, mais foi un espellismo, pois hoxe viuse a un equipo sen a intensidade e a concentración necesaria para competir nunha categoría tan esixente coma a 1ª Estatal, na que calquera pode amargar o día aos que ocupan os postos altos da táboa clasificatoria.
Os vigueses pouco a pouco fixéronse co mando do encontro, marcando o ritmo que máis lles interesaba. Os carballeses eran incapaces de frear o ataque local e pola contra non eran quen de manexar o balón de xeito coherente cando o tiñan no seu poder. Con este panorama, e un gol a falta de 3 segundos para o remate do primeiro tempo por parte viguesa, se chegaba ao descanso. Logo do visto no terreo de xogo, o mellor que lle podía pasar ao Calvo para tratar de reorganizar ideas.
E conseguiuno, máis so de cara ao resultado. No minuto corenta tomou a dianteira no electrónico, máis non no xogo. Se habitualmente tira do colectivo, desta volta foron as individualidades as que sacaron adiante o partido. Iago na portería parou balóns decisivos no tramo final, e na parcela ofensiva Pablo, Manuel e Brais foron os máis atinados.

Atrás queda un mes de outubro que deixou catro vitorias en outros tantos encontros para o conxunto carballés. A próxima cita para o balonmán en Carballo será o sábado 2 de novembro no Vila de Noia ás 18:00, na que recibirá ao Bueu At.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios