As seleccións estatais de taewkwondo adestran en Brens
Este domingo día 29 de setembro o pavillón de Brens acolle un evento estatal. Os equipos de competición xuvenil e senior da FITE (Federación Internacional de Taekwondo España), na súa rolda de adestramentos por distintos puntos de Galicia, e invitados polo Club Cee de Deportes de Contacto, adestrarán no Pavillón Municipal ceense.
Na concentración participarán 31 competidores e competidoras de distintos puntos da xeografía nacional, entre as que están as ceenses Nicole e Idaira Carballo Louzán, pertencentes aos equipos junior e senior femininos respectivamente.
Os equipos que estarán presentes son os de formas en equipo, combate en equipo, técnicas especiais (rompementos de técnicas de pateo en salto) e técnicas de potencia (rompementos de técnicas de man e perna estáticas), tanto feminino como masculinos. Estos equipos están coa preparación para a súa participación no Open de Europa 2024 da ITFU (International Taekwondo Federation Union), que se celebrará do 25 ao 27 de outubro en Londres.
Os adestradores destes equipos, o noiés Antonio Blanco e a zaragozana Daniela Goitre confían en volver este año a estar entre os mellores de Europa, como aconteceu o ano pasado.
Portas abertas
A pesar de que o equipo estará adiestrando mañá e tarde en dito pavillón, de 12 a 14 horas abrirá as portas para que os/as numerosos/as aficionados/as da localidade, e doutras cercanas, e calquera interesado/a poidan gozar destes adestramentos das espectaculares especialidades de competición por equipos, no que se medirán os cuatro equipos presentes a modo de preparación...