O Torneo Ponciano Nieto, un remanso de deporte en estado puro

Un gran éxito de participación, nivel de xogo e moitos partidos igualados foi o que deparou o XII torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa celebrado en Zas o sábado 18 de xuño. Todos/as destacaron o gran ambiente de coordialidade e distensión que se sinte neste torneo. Un feito que fai que cada xogador libera as súas tensións e xogue moito mellor do que o faría nun partido de liga. Por eso puideron verse puntos moi bonitos e partidos que parecia que non daban acabado pola igualdade do marcador.
Desfrutaron dun aperitivo as 12 h despois da competición dos grupos e así repoñer forzas para as eliminatorias finais, tanto para saber o gañador/a de cada categoría como os demais postos, desta maneira as 18 mesas que o AD Zas colocou para o torneo estiveron sempre ocupadas.
En canto aos resultados non defraudaron os favoritos Alberto Pérez (Helios Bembrive) e María Pena (Cinania) para levarse o primeiro premio masculino e feminino (un reloxio de barro deseño exclusivo para este torneo de Olería Cambón de Buño).
Os demais premiados tamén foron de barro da mesma olería así como un colgante para o resto das persoas que dun xeito ou doutro tiveron participación neste torneo.
OPEN A
- Campión: Alberto Pérez .
- 2º: Javi Canzobre.
- 3º: Juan Ángel.
- 4º: Tomás Valín.
FEMENINO
- Campioa: María Pena.
- 2ª: Fanny Bolaño.
- 3ª: Nerea González.
- 4ª: Marta Pérez.
OPEN B
- 1º: Pedro Saavedra.
- 2º: Nico Collazo.
- 3º: Iván Batalla.
- 4º: David Gómez.
INFANTIL
- 1º: Lorenzo Saavedra.
- 2º: Noel Casares.
- 3º Enrique Mallón.
- 4º: Sergio Barbeira.
A familia soneirá aproveita a ocasión para darlle a noraboa a Miguel Rey, membro do AD Zas como xogador-entrenador e outras tarefas, que como Seleccionador galego acaba de proclamarse campión do torneo iberico de categorias base en feminino e masculino.
Agradecen dende o AD Zas a colaboración de todas/os para recoller todo o usado no campionato, así como colaboración do Concello de Zas, Deputación de A Coruña, Xunta de Galicia, Asesoría O Pinar, Talleres Rey, Clinica Dental O Pinar e demais colaboradores individuais. Sen eles este torneo no podería celebrarse.
Novas relacionadas
- Xuño 22: O AD Zas pechou 15 días frenéticos coa organización dos Campionatos Provinciais.
- Zas, capital galega do tenis de mesa.
- Miguel Rey e Brais Blanco, campións do Torneo Aberto de Vila do Conde coa Selección Galega de tenis de mesa.
- Só o VTM Aluminios Xeal consegue a vitoria na fin de semana do tenis de mesa soneirán.
- Marzo 22: O AD Zas Ponciano Nieto ratificou a súa permanencia na 3ª Nacional.
- Marzo 22: A festa do tenis de mesa volveu a encher o pavillón de Zas.
- Febreiro 22: Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa.
- Novembro 21: A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa.
- Outubro 21: O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos..