Venres. 03.05.2024
El tiempo

Un Bm. Camariñas intratable buscará o ascenso

Un Bm. Camariñas intratable buscará o ascenso

A falta de 3 partidos para finalizar a primeira fase, o Bm. Camariñas xa está clasificado para xogar no grupo que loitará polo título. Os conserveiros pasaron por riba do Guardés completando un gran inicio ligueiro e xa pensan na Fase de Ascenso.
Pola contra, en 1ª Estatal, nada se pode reprochar da actitude amosada polos xogadores do Calvo Xiria nun partido que debería, se a xustiza arbitral fose tal, rematado doutro xeito. Os carballeses caían pola mínima ante o Café Toscaf, e manteñen a 10ª praza.

1ª Autonómica, xornada 10

  • Resultado: Balonmán Camariñas - At. Guardés (29-14).
  • BM. CAMARIÑAS: Iván Barcia (p), Víctor (p), Fari (2), Marcos Bao (4), Iván Pan (1), Quin (3), Borja (7), Moncho, Catalán (4), Xabi (1), Perón (2), Damián (4), Antelo, Fran Varela (1).

O Camariñas recibiu a un aguerrido Atlético Gardes, que aguantou moi ben os 10 primeiros minutos, forzando a perda de balóns do equipo local, pero aos poucos cando o Camariñas foi asentándose no terreo de xogo, logo dun tempo morto solicitado por Fran Puga, foise abrindo brecha no marcador, a base de rápidas transicións e vertixinosas circulacións do balón, para terminar o primeiro tempo cunha vantaxe de 9.

No segundo tempo entraron en cancha os xogadores menos habituais mantendo as diferenzas, e ata aumentándoas no tramo final. Destacr o debut do porteiro xuvenil Iván Barcia, que foi convocado debido á ausencia de Alejandro Canosa, realizando un excelente partido, detivo un penalti e soamente encaixou un gol nos 13 minutos que disputou.

1ª División Estatal, xornada 10

  • Resultado: Café Toscaf - Calvo Xiria (30-29)
  • Calvo Xiria (11+18): Kike [p], Alex, Jesús (4), Brais (4), Cuco(2) Manuel (4), Dubra (7)-equipo inicial- Naya [p], Gonzalo (5), Sergio (2), Rubén, Ramón (1).

Parecía complicado que o Calvo contase con máis baixas para un encontro, pero este ano semella case que imposible que xuntar a todos os xogadores dispoñibles nunha xornada: ás baixas por lesión de Ángel, Pablo e o xuvenil Jorge uníase esta semana a de Mario tamén mancado, Martín por estudos, Iago por mor de compromisos laborais e finalmente Chimpo por sanción federativa. En total sete xogadores fora de combate para se enfrontar a un Cafés Toscaf que medra moitos enteiros na súa pista da Magdalena.

Eran conscientes os carballeses que todas as súas opcións pasaban por facer unha labor defensiva que se achegase o máximo posible á perfección e con esa idea saltaron ao pavillón avilesino.

Os primeiros trinta minutos foron de dominio das defensas e das porterías, o partido que desexaban os carballeses, o resultado no tempo de lecer, 13 – 11, fala por si solo. Sen xogar nada ben en ataque os verdiblancos tiñan moitas opcións no encontro, e so a mala fortuna nos rechaces permitían aos avilesinos irse por diante aos vestiarios.

Todo ía máis ou menos como o Xiria desexaba ate que un grave erro arbitral transformou un claro sete metros a prol dos locais nunha falta en ataque, e os serareiros locais amosaron o seu malestar subindo os decibelios nas súas protestas. A parella arbitral, moi inexperta, demasiado, caeu nas súas redes e na dos xogadores veteráns do Cafés Toscaf, que souberon ver a situación e tirar proveito da mesma. A partir dese intre o Calvo Xiria foi sempre a remolque, imposibilitado de amosar o seu mellor xogo.

Pero en ningún momento tirou a toalla, seguiu loitando ate o límite das forzas dos poucos xogadores dispoñibles para este encontro, e tivo un balón a falla de 4 segundos que tivo que xogar dende a súa portería, e que rematou en golpe franco.

Polos carballeses, cómpre destacar Brais, Pombo e Jesús.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: O próximo sábado desprázase o Bm. Camariñas a Vigo para xogar contra o cuarto clasificado nun encontro que como sempre que se xoga contra o 6 do Nadal, será disputado e entretido.
  • 1ª Autonómica Feminina:
  • 1ª Estatal: A vindeira xornada o Calvo xoga ante o que polo de agora estase a comportar coma o equipo máis forte da categoría, o MMT Seguros Zamora. Será o sábado ás 18:00 horas no Municipal Vila de Noia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios