Os Xuvenís do Volei Dumbría pelexan entre os mellores de España

Os Volei Dumbría segue demostrando que está xa a primeiro nivel nacional. A pasada fin de semana os sénior quedaban ás portas do ascenso da Superliga, deixando iso si, o pavillón do Conco xa como un escenario mítico do volei estatal.
Estes días é o cadro xuvenil o que colleu o relevo do protagonismo, participando dende o pasado mércores no Campionato de España que se celebra en Soria.
O cadro dumbriés enfrontouse en primeira rolda aos canarios Bulcan Arte San Roque, tendo o partido na man, pero non foron quen de gañar. Despois vencían ao CV Oviedo, quedando pendente o seu pase á segunda rolda do que acontecese ante o Wefferent Mintonette Almería. Pero non puido ser, os de Gurutz Larrañaga caían ante os andaluces e só lles queda pelexar polos postos 13-24 ante o Universidade de Valladolid, choque que se disputa este venres.
En todo caso, e pase o que pase, o cadro dumbriés xa demostra estar entre os mellores de España en dúas categorías.
Novas relacionadas
- Volei Dumbría: As portas do ascenso tras unha histórica Fase.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría quedaron ás portas do Campionato Galego.
- 18-02-19: Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría.
- 04-01-19: O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia.