Xoves. 25.04.2019
El tiempo

Os Xuvenís do Volei Dumbría quedaron ás portas do Campionato Galego

Os Sénior continúan o seu camiño cara a máxima categoría do volei estatal
 

Volei Dumbria Subcampion Galego Xuvenil
Volei Dumbria Subcampion Galego Xuvenil
Os Xuvenís do Volei Dumbría quedaron ás portas do Campionato Galego

Non puido ser. O Volei Dumbría quedou ás portas do título do Campionato Galego Xuvenil. Un feito que non desmerece a impresionante campaña dos de Gurutz Larrañaga.

Os costeiros desprazábanse ata Boiro con todas as esperanzas, que aumentaban tras vencer nas semis ao Cñub Vigo Voleibol, por un rotundo 3-0. Pero na final se toparon cun cadro local, impacable nos últimos instantes, que deixou o título na casa. O Boiro tivo un pelín de sorte nos puntos decisivos dos dous primeiros sets, levando así un 2-0 que foi demasiada lousa para os costeiros, rematando a final cun 3-0 (25-23, 28-26 e 25-16).

En todo caso, o orgullo dumbriés quedou ben alto.

Os Xuvenis do Volei Dumbria no Camionato Galego

Os Sénior continúan o seu camiño cara a máxima categoría

Volei Dumbria pechou a temporada regular no Conco
O Volei Dumbria pechou a temporada regular no Conco

Mentres, no Conco disputábase un partido sen historia, entre dous equipos que xa non se xogaban nada, aínda que ambos equipos querían despedir a tempada cunha vitoria. Ao final os dumbrieses levaríanse o partido ante o Badajoz Extremadura impoñéndose por 3-1 con parciais de 17-25, 26-24, 25-21 e 25-15.

En ambos equipos os adestradores tiraron de xogadores menos habituais para afrontar este último partido e dar minutos aos que durante o ano gozaron de menos minutos.

Tras un set de zozobra, e un segundo set no que houbo que esperar ao último instante, os xogadores de Luís Alberto Fernández sairían máis concentrados e pelexarían por sumar os 3 últimos puntos da tempada diante da súa afección e sumar a cifra histórica de 50 puntos. Encabezados por Sergio Bruque e Néstor González en ataque levaríanse os dous últimos sets por 25-21 e 25-15 e despedirían esta gran tempada na súa casa á espera de xogar a fase de ascenso a SM.

Ultimo choque da liga na SM2 do Volei Dumbria

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios