Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Corme xa pensa na 1ª

2ª Autonómica: O Corme xa pensa na 1ª
O Corme celebrando o triunfo fronte ao Sofan-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Fútbol da Costa en estado puro. O Cairo vivíu un deses eventos que engrandece o deporte, que demostra que o fútbol, alomenos aquí, é moito máis que correr detrás dun balón. Tras unha semana de verdadeiro infarto, con dúas afeccións completamente volcadas polas rúas e polas redes sociais, Corme e Sofán non defraudaron e deixaro un fermoso espectáculo de fútbol e entrega, que deixa, iso si, ao Corme, a un só punto do título da 2ª Autonómica 2013/2014.
Un título que poderán, parece que un punto en dous partidos non será complicado de conseguir para a marea azulona, disfrutar os Alejandro, Miguel Torrado e Lentejo 18 anos despois, como fixeran na temporada 95/96 vencendo a Liga da Costa. Daquela, Alejandro tiña 20 anos, e sen marchar do Cairo, disfrutar deste premio. Miguel Torrado xa percorreu máis campos, e colleitou máis títulos, pero volve a casa a disfrutar deste Corme, un dos mellores da historia.

Afeccion do Corme no Cairo-Foto-Jorge Parri Afeccion do Sofan no Cairo-Foto-Jorge Parri

Polo demais, nótase xa quen ten algo en xogo e quen non. Por iso non sorprenden tanto as vitorias fáciles do Volantes en Cee ou do Castriz en Mazaricos. Pero ollo, que a zona baixa está que ferve.
Co Corcubión xa descendido matematicamente, o Muros está moi preto da 3ª por mor dos arrastres de Camariñas e Ponteceso. Aínda pendentes da Esteirana e do posible ascenso do Sofán na Promoción, quedaría, a día de hoxe, unha praza de arrastre que agora ocupa o Camelle, tras caer en Zas, e tralas vitorias do San Lorenzo, do Volantes e do Castriz. Pero a semana que vén o Camelle sumará os 3 puntos do IDC, e haberá un partido directo entre Volantes-San Lorenzo.

Corme - Sofán (2-1)

11 do Corme no Cairo ante o Sofan-Foto-Jorge Parri
  • CORME: Javi, Alejandro, Dani, Miguel Torrado, Sergio Sueiro (Suso, min.23), Brais, Juan Chans (Antonio, min.90), Adrián Doldán (Manu, min.73), Alejo (Josiño, min.66), Lucas e Toniño (Diego, min.58).
11 do Sofan no Cairo-Foto-Jorge Parri
  • SOFÁN: Bugy, Eloy Boedo (Javi García, min.46)(Míchel, min.76), Javi, Diego, Pablo, Jorge Calvete, Brais, Martín (Bertín, min.76), Raúl, Iván Rey e Iván Rojo (Leilán, min.65).
  • Goles: 0-1, min.25: Raúl transforma un penalti cometido por Miguel Torrado sobre o propio dianteiro visitante. 1-1, min.29: Alejo bate a Bugy dende os once metros logo de que Eloy Boedo derrubase a Toniño dentro da área de castigo. 2-1, min.58: Falta lanzada por Brais que sorprende a Bugy tras tocar Toniño.
  • Árbitro: Pablo Miguel Patricio Blanco asistido por Diego Sánchez Rojo e Alejandro Vázquez Bello, estiveron mal, buscando protagonismo en todo momento en lugar de adicarse á arbitraxe. Expulsou ao cormelán Javi con vermello directo (min.23) e ao delegado local Suso da Torriña, no minuto 66 tamén da mesma maneira.
Capis do Corme e Sofan no Cairo-Foto-Jorge Parri

Choque de estilos o que se viviu na tarde do domingo nun Cairo ateigado por un gran número de afeccionados. Mentres que o Corme intentaba crear perigo sobre a portería de Bugy co fútbol vistoso que tanto o caracteriza, o equipo vermello facíao cun xogo máis directo e nas xogadas a balón parado, aínda que as ocasións de gol serían contadas para ambos equipos durante o encontro.

Comezarían avisando os azulóns ao cuarto de hora logo dunha falta botada por Brais que toca Lucas e finaliza Alejo cun remate que salva Eloy sobre a mesma liña de gol. Pero sería o Sofán o que golpearía primeiro logo de que Raúl transformase unha pena máxima, moi protestada polos locais, cometida por Miguel Torrado sobre o propio dianteiro vermello. O Corme quedaría con dez xogadores sobre o campo logo da expulsión do seu porteiro Javi por protestar pero a pesar desto en ningún momento lle perdiu a cara ao partido e seguiu dominando, ata que chegada a media hora do encontro, Alejo batería a Bugy dende os once metros logo de que Eloy Boedo derrubara a Toniño. Antes do tempo de lecer, Alejandro tería o 2-1 nos pés logo dunha falta lanzada por Miguel Torrado pero o seu remate atrápao o porteiro do Sofán sen problemas.

Corme-Sofan-Foto-Jorge Parri

Á volta do descanso, o partido seguía coa mesma pauta con un Corme que tocando e tocando era quen de dominar aos de Mallón que seguían buscando o xogo largo para crear perigo pero sin ser quen de facelo. No minuto 58, chegaría o segundo gol tras unha falta lanzada por Brais con potencia e o esférico entra na porta defendida por Bugy tras tocar en Toniño. O tanto do rapaz de Anllóns desataría o delirio da afección azulona que vían como se lle poñía de cara esta Liga da Costa. A partir desto, o Corme non pasaría apuros en defensa xa que os carballeses atacaban con máis corazón que cabeza. A falta de dez minutos para o final, Juan Chans tuvo unha clarísima ocasión para sentenciar o encontro pero Bugy gáñalle a partida no man a man. E xa no desconto, primeiro Bugy e logo o longueiro evitaron o terceiro do Corme, tras un potente lanzamento de Josiño e un córner sacado por Lucas.

Espectacular o ambientazo que había no Cairo para ver como se decidía a Liga da Costa da presente tempada, que salvo catástrofe será gañada polo equipo cormelán con todo merecemento e sendo quen de facer o xogo máis vistoso da categoría.

O Corme mira a 1-Foto-Jorge Parri

Corcubión - Fisterra (2-3)

  • CORCUBIÓN: Perlón, Checho, Disiclín, Senra, Alan, Antón Lestón (Trillo, min.70), Edu, Toja, Xabi (Lucas, min.75), Lema e Tito (Mini, min.80)
  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Manuel Cartamil, Robertín, Roco, Tati, Guardiola, Isma Leis, Aitor (Bruno, min.70) e Mario.
  • Goles: 1-0, min.12: Lema; 1-1, min.14: Aitor; 1-2, min.47: Tati de falta; 2-2, min.50: Antón Lestón de falta; 2-3, min.70: Robertín.

Xa descendido o Corcubión, o partido foi case de fraternización entre dous equipos moi fisterráns, ao que chegaban con numerosas baixas os Tony, ao mando neste último tramo de temporada ante as obrigas profesionais de Juan Jesús.

Apenas cómpre destacar os dous golazos de falta, de Tati e Antón Lestón case consecutivos ao comezo da segunda metade. A pegada do Fisterra foi clave no último treito para levar o partido, pero ambos tiveron oportunidades para quedar cos puntos. Puntos cos que o Fisterra afianza a 4ª praza.

Cabana - Buño (3-3)

11 do Cabana nas Redondas-Foto-David Castro
  • CABANA: Añón, José, Eloy García, Varela (Sandro, min.45), Iván de Treos, Eloy Vilas (Diego, min.66), Manuel Guillamet, Josiño, Fernando (Isma, min.75) Berti (Eloy Pereira, min.66) e Manolo do Cruceiro.
11 do Buño en Cabana-Foto-David Castro
  • BUÑO: Toni, Ángel, Rubén, Secundino, Diego, Gurita, Dani, Dourado (Pedro, min.63), Charro, Elías e Fran Borrazás.
  • Goles: 1-0, min.6: Josiño de penalti; 2-0, min.53: Sandro; 2-1, min.60: Charro; 3-1, min.70: Sandro; 3-2, min.76: Charro; 3-3, min.84: Pedro.

Partido máis de tensión e nervos que de xogo, polo que se xogaban os dous equipos, que aínda non certificaron a súa permanencia. Foi todo o xogo directo, sen moita combinación, ao que o Buño, sempre a remolque, foi quen de igualar ata en 3 ocasións, para sumar un punto.

Quedan ambos con 40 puntos, con dúas saídas difíciles para ambos a vindeira xornada (o Buño a Mazaricos e o Cabana Ara Solis) e dous partidos na casa complicados para rematar a temporada, o Cabana ante Sofán e o Buño ante o Fisterra. Terán que sumar alomenos un punto para asegurar a permanencia.

Cabana-Buno-Foto-David Castro

Zas - Camelle (2-1)

  • ZAS: Rizos (Sergio, min.75), Martín, Fabián, Óliver, Víctor Vecino (Damián, min.60), Canedo, Peke, Lagoa (Dani, min.65), Samu (Pastor, min.70), Rubio e Isma.
  • CAMELLE: Ángel, Adrián de Arteixo (Adrián da Barca, min.20), Valiña, Dido, Rubén, Ángel Riveiro, Mario, Miguel Riveiro, Sergio, Matías e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.30: Samu tras unha xogada de Lagoa pola dereita; 2-0, min.65: Samu pelexou un balón e roubou a carteira á defensa e marcou; 2-1, min.89: Dido.
  • Lesións: o camellán Adrián de Arteixo e os zaenses Víctor Vecino e Lagoa.

Malas novas para o Camelle, que malia empezar ben prantado, aguantando moi firme as combinacións locais, veuse perxudicado pola temprana lesión de Adrián de Arteixo, que trastocou os plans de Pupus. Rubio e Lagoa aproveitaron o desconcerto creando perigo polas bandas e o Camelle probaba a balón parado. Samuel abría o marcador tras unha internada de Lagoa.

Samu fixo o segundo, tras un regalo da defensa camellá. Puido sentenciar o Zas pero Ángel estivo moi ben e reaccionou o Camelle, que tardou en recurtar, pero antes xa tiveran ocasións cunha doble intervención de Rizos a “bocajarro”, e outras tres de Barreiro, Miguel Riveiro e Adrián da Barca, que non viron portería.

Afronta o Camell unha recta tremenda. Se a día de hoxe está no segundo posto de arrastre, a semana que vén sumará os 3 puntos do IDC e se beneficiará do choque directo entre Volantes e San Lorenzo. Pero pode que cos 39 non lle cheguen polo que na última xornada terá que xogarse todo ante un Cee xa canso.

San Lorenzo - Outes (1-0)

  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, Adrián, Germán, Rubén, Cachizo, Chucho (Velo, min.70), Schuster, Dani, Fuentefría (Fraga, min.80) e Juni (Joaquín, min.75).
  • OUTES: Gato, Borja, Jura, Chúa, David, Martín (Babu, min.60), Saúl (Pokje, min.60), Kin, Elías (Rafa, min.46), Migui (Arturo, min.46) e Piki.
  • Goles: 1-0, min.20: Chucho de tiro bonito.

Vitoria fundamental para o San Lorenzo de Anxo, nun choque moi igualado no que a brega foi clave. Empezou mellor o Outes máis relaxado, tocando e chegando. Pero o San Lorenzo se atopou cun bonito gol de Chucho. O San Lorenzo, a raíz do gol, e cos nervos veuse algo atrás e o Outes comezou a combinar con máis profundidade ante a pechada defensa local. Chúa ao fío do descanso case empata, e Arturo tamén probou a Puyol.

O Outes apretou un pouco na segunda, pero non estivo cómodo no pequeno campo de Verdillo, na segunda non crearon grandes ocasións. Iso si, tres mans pediron os da Serra na área carballesa, pero o colexiado non viu.

Muros - Carnota (3-0)

  • MUROS: Fabio, Veloso, Teo, Iván, Xandre, Dani, Jesús, Ra, Piki, Pelos e Eloy. Tamén xogaron: Santi e Chinana.
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Pablo Pichín (Iván Maceiras, min.46), Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Pumuky (Andrés Fandiño, min.60), Elías (Fernando, min.46), David (Nakata, min.50), Rodrigo (Juan, min.80) e Manuel Luís.
  • Goles: 1-0, min.47: en propia meta; 2-0, min.80: Pelos de penalti; 3-0, min.89: Ra.

Partido igualado onde a necesidade do Muros, xa á desesperada, fixo moito e serviu para superar a un Carnota demasiado relaxado. Na primeira metade o cadro muradán tivo ata 3 mans a mans que salvaba Luís de la Peña.

Arrincaba a segunda con táboas no marcador, pero de contado Pedro Pichín colaba un despexe na súa propia portería. Durante moitos minutos o Carnota estivo preto do empate pero o Muros soubo defender a renda e sentenciar cando faltaban 10 minutos, cun tanto de Pelos dende os 11 metros e un de Ra xa co tempo cumplido.

Cee - Volantes (0-3)

  • CEE: Parroto (Paulo, min.70), Nico, Abraham (Yaya, min.78), Berto, Jacobo, Angeliño, Diego Cespon, Penedo, Josiño, Roi e Javi.
  • VOLANTES: Vicente, Pardelo (Yeray, min.80), Nimo, Néstor, Miguel, Uru (Gabi, min.70), Ivi (Piru, min.85), Moja, Martín (Cajulo, min.55), Brais e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.55: Adrián tras unha contra que arrincou Miguel; 0-2, min.65: Cajulo nunha contra; 0-3, min.80: Adrián a pase de Gabi.

As gañas do Volantes foron claves para levar un partido falto de ritmo e sen apenas ocasións. Ademais, os regalos da defensa ceense non foron desaproveitados polas rápidas contras dos muradáns que tras unha seria primeira metade, sen arriscar, sacaron 3 contras na segunda e 3 goles que valen 3 puntos, que poden significar a salvación.

O Cee tivo tamén 3 ocasións, dúas que salvou Vicente e outra fóra, e ante a efectividade dos laranxas, o partido marchou cara Baño.

Ten aínda o Volantes dúas finais por diante. A clave, a da vindeira xornada ante o San Lorenzo, onde o que perda quedará na praza de arrastre. Ademais na última xornada terá un derbi ante o Muros, que estará seguramente descendido.

Mazaricos - Castriz (0-3)

  • MAZARICOS: Pejo (Samu, min.80), Casais (Rodri, min.46), Ramón, Martín, Estéfano (José Manuel, min.80), David, José Ángel Xuv. (Coxo, min.46), Ricardo, Esteban, José Ángel e Molinos (Kevin, min.46).
  • CASTRIZ: Pablo, Martín, Chinda, Álex, Víctor, Pablo, Bruno, Luís (Pichín, min.55), Cilindro (Sergio, min.60), Agra e Adrián Prol (Adrián Balsa, min.75).
  • Goles: 1-0, min.20: Cilindro; 2-0, min.30: Luís; 3-0, min.89: Sergio.

A cea do sábado en Mazaricos foi demasiado peso para o choque de interior. E a diferencia de intensidade deixaba ver quen se xogaba algo. Así o Castriz non dou opción aos amarelos, e cun partido traballado e serio por parte dos de Esteban Blanco, Cili e Luís xa deixaban sentenciado o partido á media hora.

Destacar o debut do xuvenil Samu cos de Alinhos.

Parece que o Castriz con esta vitoria pode estar preto da salvación, contando con que na última xornada sumará os 3 puntos do IDC chegando, alomenos e sen contar o partido en Zas da vindeira semana, a 41 puntos.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios