A 40ª edición da Escola de Verán do Couto abre as inscricións
13:13 26/05/22
O Campamento de Verán máis famoso de toda a comarca, a envexa de todas as cidades do país, volve un ano máis. Será a 40ª edición da Escola de Verán que organiza a Fundación Eduardo Pondal no Couto.
Do 2 de agosto ao 2 de setembro deste ano, as participantes desfrutarán dun programa no que terán cabida a radio, as ciencias, a agricultura ecolóxica, os contacontos, as excursións e outras actividades.
As inscricións terán que acudir os sábados 28 de maio e 4 de xuño, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas, á Casa dos Veciños do Couto.
Novas relacionadas