Xoves. 25.04.2024
El tiempo

6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras

O viravento estara enriba dunhas rocgas
Un dos 6 viraventos do proxecto eólico das Salgueiras irá moi preto de formacións rochosas do Monte Branco
6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras

Un grupo de veciños levan meses denuncian a afectación ambiental que vai supoñer o Parque Eólico de Salgueiras. Esta semana, son as entidades de Rede Galega por un Rural Vivo, Ecoloxistas en Acción Galicia, Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, Asociación galega Cova Crea e a Asociación O Ouriol do Anllóns, as que levantan a voz ante a nova “ameaza ás paisaxes pondalianas”, e a vinculación da sociedade para coas mesmas, por parte da empresa Norvento.

As entidades denuncian que o parque eólico de Salgueiras (que inclúe 6 aereoxeneradores para unha potencia de 18W) peta nos Cantís do Canteiro, nas Brañas de Gondomil, no Esteiro do Anllóns, no Monte Branco e na Praia de Balarés, polo que instan á Xunta de Galicia a “retractarse do proxecto polo dano ambiental e paisaxístico irreparable”.

imaxes dos eólicos sobre o monte Salgueiras

Así o refrendan tendo en conta que o parque linda cos terreos do LIC Costa da Morte, e sitúase sobre o Monte Branco, o monte vixía da lendaria desembocadura do río Anllóns.Así mesmo, a Declaración de Impacto Ambiental recoñece a proximidade do proxecto á Zona Especial de Conservación (ZEC), sendo unha das 10 zonas de maior valor ornitolóxico de Galicia.

Denuncian ademais a invasión dos viraventos na comarca, pois a apenas 2km atopamos o tamén polémico Parque Eólico de Corme G3.

O parque eolico de Salgueiras ten a 2km o de COrme
O parque eólico de Salgueiras ten a 2km o de Corme

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Comentarios