Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Fervenza da Brixería centra de novo a polémica entre PP e PSOE de Ponteceso

A Fervenza da Brixería centra de novo a polémica entre PP e PSOE de Ponteceso

Volvía estes días o PSOE de Ponteceso presentar unha moción para a recuperacíon e posta en valor do entorno da Fervenza da Pedrosa (Fervenza da Brixería) na parroquia do Couto. E para facela pública grababa este vídeo:

A postura do PP pontecesán

Para o PP de Ponteceso, malia compartir a necesidade de recuperar o entorno, non entende a "urxencia" e denuncia que "eles ben poideron ter feito cando gobernaban na Xunta".

Lembra o alcalde Fondo Aguiar que "o Delegado de Medio Ambiente da Xunta de Galicia do bipartito (DO PSOE) reuníuse en setembro de 2009 coa Asociacíon Monte Branco, co PSOE de Ponteceso, e non co Alcalde". E sinala o alcalde que "nesa reunión tratáronse demandas sobre a fervenza da Brixería, que xa fixera o Concello á Xunta de Galicia bipartita e foron desestimadas".

"O PP de Ponteceso cre que esta actuación é necesaria, pero tamén cremos que hai en Ponteceso outras cousas prioritarias sen atender, e ás que o goberno municipal, e tamén en colaboración con outras institucións, tenta dar resposta", sentencia o alcalde.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Ponteceso.

Comentarios