Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A mocidade voluntaria do Couto levanta a man

A mocidade voluntaria do Couto levanta a man
A Lareira da Fundacion Eduardo Pondal chea de rapazada

Espectacular ver un espazo cheo de mocidade un sábado cedo pola mañá. Vivímolo o ano pasado en primeira persoa nunhas Xornadas de Novos Emprendedores, e esta fin de semana a Lareira da Fundación Eduardo Pondal volveu encherse de rapazada activa. I é que a aldea do Couto é distinta ata para iso, e a mocidade, de tanto crecer entre culturas xa prefire unha activa mañá que unha longa noite de marcha.

Este pasado sábado tiña lugar unha Xornada de Educación non formal, na que os propios voluntarios e monitores compartían as súas experiencias con outros rapaces do Concello, animándoos a participar nas actividades da Fundación ou doutras entidades da zona como Íntegro.

Monitoras e Voluntarios da FEP compartindo experiencias

Bravas veteranas desto como Sofía Fondo ou Tamara Lema compartiron as súas ideas sobre como aportar á comunidade, crecendo por dentro. E como serven de oportunidade para formarse a un mesmo, coñecer xentes e abrir portas que dan acceso á oportunidades.

Medio centenar de rapaces escoitaban atentos, pensando xa en como aportar para convertir O Couto na primeira aldea sostible do planeta.

Pola tarde, tocou II Xornada de Mulleres Emprendodras na Ribeira Baixa do Anllóns, unha demostración do valor das mulleres mariscadoras da zona.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios