Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ábrense as posibilidades de pacto en Ponteceso

Partida de xadrez entre os candidatos de Ponteceso
Partida de xadrez aberta entre os candidatos de Ponteceso
Ábrense as posibilidades de pacto en Ponteceso

Avanzábamos esta semana como van as negociacións para formar gobernos alternativos en concellos como Muros ou Fisterra. Hoxe, despois de 10 días das eleccións e cos resultados na man, analizamos como avanzan as conversas entre os partidos de Ponteceso de cara ao pleno de investidura do vindeiro sábado 17 de xuño.

Co PSOE como forza máis votada con 4 concelleiros, o PP necesitaría pactar con polo menos dous grupos para alcanzar a maioría e poder gobernar. Semella que hai boa sintoría entre PP e Partido Galego para chegar a un acordo, pero o PP necesitaría un apoio máis. Non parece que ese apoio vaia ser do BNG (non disposto a darlle o poder aos populares), as negociacións non avanzan estes días con Adiante x Ponteceso. Mentres APIN segue esperando unha nova chamada para continuar as negociacións.

Pero a presencia da Provincial socialista na vila de Pondal estes días e as esixencias para pactar de BNG, e tamén de APIN, deixan aberta a posibilidade de que o actual alcalde en funcións Lois Carballido puidese facerse a un lado, deixando paso á súa segunda Noelia Varela, ou a outra integrante da lista, para poder negociar abertamente cos BNG, APIN e AxP.

Así llo trasladou, de feito e de xeito directo, a candidata do BNG Fátima Rod. esta semana á portavoz socialista: “o BNG non vai apoiar nin reforzar a investidura de Carballido, nin eu formarei parte dun goberno con el. Se o PSOE quere que a nosa asemblea valore darlles apoio de investidura ou goberno estable, primeiro debe facerse efectiva a renuncia de Lois á tomar posesión da súa acta de concelleiro 2023/27”.

Novas relacionadas

Comentarios